viernes, 29 de enero de 2010

Cantamos pola Paz


Hoxe conmemoramos o Día Escolar pola Paz. Esta tarde faremos algunhas actividades no cole nas que levamos ensaiando algún tempo.
Deixo videos para cantar!





lunes, 25 de enero de 2010

Georges Bizet


Georges Bizet naceu en París e era fillo de pais músicos. O seu talento musical descubriuse decontado: aos catro anos sabía ler partituras, e aos dez, foi admitido como alumno no Conservatorio de PArís, aínda que non alcanzara a idade mínima estipulada para acceder a el. Estudou piano, órgano e composición, destacando en todas estas disciplinas.
Aínda que Bizet só viviu 36 anos, dentro da súa reducida produción musical tivo unha especial dedicación pola ópera. A súa ópera máis coñecida, Carme, foi precisamente a última que escribiu xa que morreu tres meses despois da súa estrea.


A ópera Carme


Está baseada na novela CArme, do escritor francés Prospère Mérimée. Bizet púxolle música, converténdoa así nunha das óperas máis famosas de todos os tempos.
A obra desenvólvese en catro actos e está ambientada a principios do século XIX na cidade de Sevilla. Carme, unha fermosa xitana que vende cigarros, namórase de Don Xosé, un aposto militar que, aínda que ao principio non lle corresponde, remata caendo nas súas redes...aínda que demasiado tarde, porque Carme namórase de Escamillo, o toureiro de moda daquela.
A historia remata dun xeito moi tráxico. Don Xosé suplica a Carme o seu amor, pero esta rexéitao. Don Xosé, levado polos celos, mata a Carme dunha puñalada.





lunes, 18 de enero de 2010

Tic Tac de Pablo Díaz



Este Nadal recibín un agasallo ben fermoso. Trátase do libro-disco Tic Tac do meu querido amigo Pablo Díaz. Un disco-libro publicado pola editorial Kalandraka no que as cancións de Pablo se reflexan nas fermosas ilustracións de Marc Taeger.
É o primeiro traballo en solitario deste músico e artista que foi quen de compoñer melodías e letras para un público tan esixente como sodes os nenos.
Tic Tac invítanos a viaxar polo imaxinario no que os crocodilos se namoran, os trasnos e os ruiseñores bailan ao seu antoxo ou no que os mouchos están choscos.
Pero a música de Tic Tac é para oir e mirar pois o cd está acompañado por un libro coas letras das cancións e as orixinais ilustracións de Marc.
Fai uns anos a música para nenos en galego era case inexistente pero pouco a pouco os estantes das librarías estanse enchendo de música infantil e feita en galego así que non desaproveitedes esta oportunidade que tedes para soñar, aprender e divertirvos.


Agora tedes a oportunidade de desfrutar desta xoia musical pois estes días traballaremos as cancións nos primeiros cursos de primaria. Tic tac nace para todos vos,para que cantedes e bailedes, para que vexades que nada é imposible e que somentes hai que imaxinalo.
Á esquerda, Marc Taeger e Pablo Díaz.

Queredes escoitar Tic Tac? Facede clik aquí e poderedes escoitar algunhas pezas.



Aquí deixo este video para ir abrindo boca así que a cantaaarrrrrrrrrr!!!



Tic Tac nas nosas aulas:

sábado, 9 de enero de 2010

Ampliamos o Karaoke!!

Parece que a nosa sección de Karaoke do noso Recuncho Musical está sendo un éxito. Lucía de 5ºB pedíume que posteara a canción de "Colgando en tus manos"...pois ahí vai, o videoclip orixinal, o vídeo coa letra e o vídeo do karaoke.
Podédesme axudar a ampliar o karaoke e iremos colgando os videos pouco a pouco; desta maneira cando fagades clik en Karaoke estarán todos xuntos.

A cantaaaaaaaarrrrrrr!!!