miércoles, 20 de abril de 2011

Ata pronto!!

Queridos nenos,

Como vai todo? Como xa sabedes, nesta terceira avaliación será o voso novo profe Felipe, o que se encargue de enseñarvos un montón de cousas de música. Eu tiven que incorporarme a un novo cole de ensinanza pública pois intento achegarme ao sitio onde vivo que está a moitos kilómetros do voso cole. Foi todo moi apresurado e non tiven tempo a comunicárvolo.

Lévome moi bos recordos de todos vos…siiii!!! de TODOS!! E agardo que tamén recordedes o mellor da vosa mestra de música e todos os bos momentos que pasamos xuntos tocando, cantando, rindo, traballando... aprendendo. Grazas aos vosos pais por aturar tantos ensaios ca frauta e mostrar tanta colaboración sempre. Agardo que non me deixedes quedar mal e recordedes todo o que aprendemos xuntos! ;)

Para min péchase unha etapa da que gardo moi bos recordos de todos vos e iníciase outra nova noutro cole, noutro concello e con outros nenos pero estade seguros de que non esquecerei a ningún de vos.

O Recuncho Musical seguirá aberto, aínda teño material voso (videos, fotos...) polo ordenador así que irei colgando as cousiñas que tiña gardadas no "baúl". Tamén podedes seguir deixando os vosos comentarios e así poder comunicarnos, dacordo?

Moitas grazas por todo e un bico moi grande para todos!!



ImageChef.com Poetry Blender