domingo, 29 de noviembre de 2009
Partitura para flauta " Himno á Ledicia"
Karaoke
“COLOR ESPERANZA”
Se que hay en tus ojos con solo mirar
que estás cansado de andar y de andar
y caminar, girando siempre en un lugar.
Se que las ventanas se pueden abrir
cambiar el aire depende de ti
te ayudará, vale la pena una vez más.
Saber que se puede, querer que se pueda
Quitarse los miedos, sacarlos afuera
pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.
Es mejor perderse que nunca embarcar
mejor tentarse a dejar de intentar
aunque ya vez que no es tan facil empezar.
Se que lo imposible se puede lograr
que la tristeza algun día se irá
y así será, la vida cambia y cambiará.
Sentirás que el alma vuela
por cantar una vez más.
Saber que se puede querer que se pueda
quitarse los miedos, sacarlos afuera
pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.
Saber que se puede, querer que se pueda
quitarse los miedos, sacarlos afuera
pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.
Vale mas poder brillar
que solo buscar ver el sol.
Pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.
Saber que se puede…
Querer que se pueda…
Pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.
A música na Idade Media
Pero a música foi evolucionando e os temas tratados xa non eran só relixiosos.
A música vocal, os instrumentos e a danza fóronse mesturando cada vez máis para acabar dando orixe a melodramas musicais.
O seguinte video conta de maneira reesumida a historia da música da Idade Media.
Aparece o primeiro nome propio que achega algo interesante á nacente historia da música: Guido de Arezzo. El é primeiro en nomear as notas da escala, servíndose dun singular recurso: o himno a San Xoán posto que emprega a primeira sílaba de cada verso. Mesmo emprega a man como recurso para empregar o ensino das notas.
Guido de Arezzo Hinmo a San Xoán
Man de Guido
Facede clik e escoitaredes o Himno a San Xoán:
Deíxovos uns videos sobre a historia da notación Musical que aprendemos na clase, son moi interesantes.
A orixe da Música
A orixe da música é tan antiga como o ser humano. Algúns autores coinciden en que a música naceu da imitación dos sons da natureza e outros manifestan que foi a partir dos sons rítmicos e monótonos que se producían nas actividades cotiás.
Posto que non temos documentos que nos conten como naceu a música, os descubrimentos arqueolóxicos tiveron un papel moi importante no estudio da orixe da música; grazas a eses descubrimentos sabemos como eran os seus instrumentos e a maneira que tiñan de tocalos.
Xa dixo Friedrich Nietzsche que " sen música a vida sería un erro" e sabemos que desde que o home existe a música o acompaña na cotidianidade da súa vida.
Tal e como dixemos na clase, ao principio foi o ritmo. Os diversos testemuños arqueolóxicos presentes en múltiples civiilizacións coinciden en que todas utilizaban diferentes obxetos como instrumentos sonoros. As primerias sociedades que existiron entendían a música como unha forma de expresarse e comunicarse. E non só a música senon tamén a danza.
O seguinte video ilustra todo o que vos acabo de contar cun pequeno toque de humor pero podería ser unha adaptación do que sucedeu cas antigas civilizacións e coa música.
Descubrín un artigo moi interesante onde nos fala dun dos instrumentos máis antigos que se coñecen, unha flauta de 35.000 anos! Fai clik na imaxe e accederás á noticia.
Lego Star Wars
Sabedes quen compuxo a banda sonora de Star Wars? cales son os instrumentos que tocan os legos? Encántame esa batuta!
viernes, 27 de noviembre de 2009
Trivial Musical
martes, 24 de noviembre de 2009
Máquina Musical
Grazas Miguel e Pedro!
jueves, 19 de noviembre de 2009
Concerto en Familia "Familias en Acción"
A OSG iniciou a súa programación de concertos didácticos co programa Familias en acción, un achegamento aos instrumentos que conforman unha orquesta sinfónica. O programa didáctico ofreceuse no Palacio da Ópera da Coruña desde o pasado 17 de novembro que culminará o sábado 21 de novembre nun Concerto en familia que terá lugar ás 12 horas.
Baixo a dirección de Juan Luis Pérez e coa narradora Ana Hernández Sanchiz, a OSG irá desgranando os detalles das diferentes familias que integran a orquesta sinfónica a través de músicas de Bach, Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Dvorák, Stravinski, Shostakóvich y Chaikovski.
É unha excelente oportunidade de pasar un bo rato en familia. Os nenos de 3º a 6º xa tiveron a sorte de vivir esta experiencia o pasado martes 17 . Facede clik aquí e accederedes á información da venda de entradas e os próximos concertos en familia. Agardo que o disfrutedes!
O Carnaval dos Animais de Camille Saint - Saëns
Neste primeiro trimestre tivemos a sorte de coñecer algúns dos grandes compositores da historia da música e escoitar algunhas das súas obras. Un ano máis, os nenos de 2º de primaria recordamos a Camille Saint- Saëns. Este músico francés foi un virtuoso pianista pero tamén fixo outras moitas cousas como escribir poesía, observar as estrelas ou estudiar matemáticas. En 1886 escribiu a obra musical "O Carnaval dos Animais" que como xa sabedes está formada por 14 pezas adicadas a distintos animais...aínda que, non exactamente posto que todas as pezas teñen nomes de animais excepto unha; quixo facer unha broma aos pianistas e consideralos parte da fauna que se encontra neste "carnaval" .
Estos son os títulos das 14 pezas:
1. Introdución e marcha real do león
2. Galiñas e galos
3. Asnos salvaxes (animais veloces)
4. Tartarugas
5. O elefante
6. Canguros
7. Acuario
8. Personaxes con longas orellas
9. O cucú no fondo do bosque
10. Aviario
11. Pianistas
12. Fósiles
13. O cisne
14. Final
Camille era un home serio e por iso non deixou que se publicara esta obra mentras vivira pois escribiu no seu testamento que os seus editores habituais poderían publicar a súa obra cando él morrera; quen lle iba a decir ao músico francés que "O Carnaval dos Animais" sería a súa obra máis coñecida!
Neste trimestre escoitamos "Acuario" adicada aos animais mariños. Foi escrita para flauta, armónica de cristal, 2 pianos, 2 violíns, viola e violonchelo. A armónica de cristal non ten nada que ver coa armónica que coñecedes pois é un instrumento que consiste nunha serie de recipientes de cristal pero hoxe en día é sustituída por outro instrumento chamado Glockenspiel. Camille Saint- Saëns quería que nos imaxináramos o fondo do mar con todos os seus habitantes e vaia se o fixemos...convertímonos en diferentes peixes e aleteamos polo "mar" da clase...moi divertido!
Aquí deixo este video para que miredes o mar como se fósedes algún peixe dos que imaxinou Camille Saint- Saëns.
martes, 17 de noviembre de 2009
A voz humana
A voz é o noso instrumento por excelencia. O máis antigo e o que serviu para que moita música se mantivera de xeración en xeración. Nas clases de 4º estamos aprendendo moitas cousas sobre a voz humana: o seu funcionamento, os seus coidados e a súa clasificación.
1. Presentación Xeral / 2. A Larinxe Humana
3. A Larinxe e as súas funcións / 4. A Fonación
5. A voz falada / 6. A voz cantada
7. Larinxe e técnica vocal / 8. Báscula Larínxea
9. Técnica Vocal / 10. Vocalización
2. Agrupacións Vocais:
Se atendemos á instrumentación temos:
- Coro a capella, é o coro que canta sen acompañamento instrumental.
- Coro concertante, é o coro que canta acompañado por instrumentos.
Segundo o xénero dos seus componentes agrúpanse así:
- Coro de voces iguais, cando todas as voces que o compoñen son do mesmo tipo (voces blancas, voces graves, o voces agudas). Pode ser un coro de voces brancas ou un coro de voces graves.
- Coro de voces mixtas. Cando as voces que o forman son de diferente natureza, por exemplo voces agudas e graves no mesmo coro.
En canto ao número de componentes dun coro teremos:
- Dúo: Formado por dos cantantes.
- Trío: Formado por tres cantantes.
- Cuarteto: Formado por catro cantantes (polo xeral un cuarteto o forman soprano, contralto, tenor e baixo).
- Sexteto: Formado por seis cantantes, xeneralmente con voces de soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo.
- Octeto: É unha duplicación do cuarteto.
- Coro de cámara: Agrupación formada por 12 -20 compoñentes.
- Coro sinfónico ou masa coral: Agrupación formada por 30-60 compoñentes.
- Orfeón: É unha agrupación vocal formada por un número de compoñentes superior a 100.
Unha agrupación especial é a Escolanía, que é un coro de voces blancas formado únicamente por voces de nenos.
Fai click e observa algúns videos de agrupacións vocais.