Xa son moitas as horas que este lindo traballo nos leva acompañando nas sesións de Música e como estes días estamos traballando cas músicas deste disco-libro quería adicarlle unha entrada. Almudena Janeiro é a diseñadora e autora deste proxecto tan exitoso pois a primeira edición leva esgotada varios meses. Agardamos que a editora OQO non retrase moito unha nova edición pois sei que moit@s estades interesad@s en facervos cun exemplar. Cunha presentación moi coidada e a toda cor, o libro preséntase acompañado dun cd para escoitar as pezas e un cd cos karaokes para que poidades cantar todas as cancións co Almudena...mentres agardamos esa nova edición deíxovos algúns dos videos que atoparedes deste Contos en Cantos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario