martes, 16 de marzo de 2010

Novo repertorio para cantar!

Ola a todos! Despois duns días de moito axetreo recuperamos a actividade no Recuncho Musical. En todos os cursos estamos aprendendo novas cancións. Para o terceiro ciclo aquí tedes as pezas que vos tocaron. Ensaiade moito! ;)





San Antón

Este é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.

Hai un cruceiro vello alí
e a xente vai falar sempre do seu amor.

Este é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.

Agora eu sei que quero unha muller
que vai para San Antón tamén;
Os seus pasiños van diante de min.
E no seu tenro e doce camiñar
vai inspirando este cantar,
San Antoniño deume a quen amar.

Este é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.

Este camiño vai lembrar o noso amor,
e cando fomos xuntiños para San Antón.

E aquel cruceiro ollando ó mar
vaille contar o qué pasou co noso amor.

Este é o camiño que me leva a San Antón,
un caminiño cheo de pedras e de amor.



O tren

O tren que me leva pola beira do Miño,
me leva e me leva polo meu camiño.
O tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara o meu destiño.

Alguén pode ser que me espere na estación,
na terra da felicidade.
E todo o que sexa amor e paz
o atoparei, eu o terei
ca miña moza no meu lar.

O tren que me leva camiña e camiña,

vai botando fume, corre pola vía.
O río vai feito un mar de ledicias,
no tren pouco a pouco volto á miña Galicia.

Pasei moito tempo sen lar, lonxe de aquí,
foron mil noites cheas de soidá;
falando ca xente polas mañás
escoitarei e saberei
o que pasou polo meu lar.

lunes, 8 de marzo de 2010

sábado, 6 de marzo de 2010

Ilustrando o Tic Tac

Os nenos de 1º tamén son uns grandes ilustradores!! Fixeron o seu debuxo para a canción "O Reloxo de Alberte" do disco libro Tic Tac que tanto nos gusta. Cada un libremente fixo a súa composición artística e agora montamos un museo improvisado nos corchos do pasillo para poder observar as obras artísticas das compañeiras e compañeiros. Agardamos que vos guste!









César e a súa guitarra...



En 2º estamos coñecendo moitas cousas dos instrumentos de corda...xa vimos a familia de corda fretada e agora estamos aprendendo moito sobre os instrumentos de corda punteada; entre eles está a guitarra que como xa vimos na clase pode ser clásica ou eléctrica. César troúxonos a súa guitarra eléctrica e contounos algunhas cousas sobre ela...e todos tocamos a guitarra eléctrica! Pasámolo xenial! Grazas César!



viernes, 5 de marzo de 2010

Concerto Didáctico "Diario dunha pulga"


Este martes asistiremos a un concerto didáctico baixo o título de "Diario dunha pulga". O guión está escrito e será narrado polo guionista, cómico e mago coruñés Luis Piedrahita. A OSG será a encargada de ilustrar musicalmente a historia coa fermosísima obra "O Carnaval dos Animais" do compositor Camille Saint- Saëns ao que xa lle adicamos un post anterior en Recuncho Musical (vai ao menú da dereita "Categorías" e fai clik en "Compositores").

A historia que vades a escoitar

Diario dunha pulga conta as peripecias de Sara Sarcopsila, unha pulga que quere ir a esquiar a Baqueira Beret. No seu diario vai recollendo a viaxe que fai a redor do mundo, saltando de animal en animal. Esta viaxe convértese nun percorrido musical, enlazando as distintas pezas do Carnaval dos Animais.




(Na foto Luis Piedrahita)




A obra que disfrutaredes: O Carnaval dos Animais

Camille Saint- Saëns aproveitou unhas vacacións en Austria para escribir esta obra. As diferentes pezas que configuran esta "fantasía zoolóxica" levan nomes de animais. Pensou nesta obra como unha broma musical na que parodiaba aos intérpretes (pianistas), críticos (personaxes de longas orellas) e compositores (tartarugas, elefantes, fósiles...). Somentes foi interpretada en público un par de veces pois Camille non quería ferir coas súas caricaturas musicais; dixo que mentres él vivise non se interpretaría máis en público nin se copiarían as súas partituras. E así foi, pois a terceira interpretación pública non chegou ata tres meses despois da súa morte.





Os instrumentos que vades a ver (fai clik na imaxe para vela máis grande)


O que debes averiguar

Teredes que resolver algúns enigmas. Non precisaredes lupa pero si precisarás a mente despexada para pensar, lapis para tomar notas, libros, enciclopedias...onde buscar datos sobre o compositor. Deberedes responder no voso caderno e presentalo na próxima sesión de música que teñamos.

1º Enigma
Camille Saint- Saëns naceu en París en 1835. Viviu 86 anos. Sabes se lle gustou desde sempre ou tardou en estudar música? Averigua que idade tiña cando deu o seu primeiro concerto.

2º Enigma
Foi un home moi famoso, por iso coñecemos distintos relatos seus. Cal sería o seu aspecto cando compuxo O Carnaval dos Animais? Investiga en que ano foi e, cando o saibas, poderás escoller entre estes o retrato que se corresponda.




3º Enigma
Camille Saint- Saëns tivo a sorte de participar en importantísimos acontecementos. En 1895 os irmáns Lumiére proxectaron a primeira da historia. Poucos anos máis tarde, en 1908, a Don Camille propuxéronlle que compuxera música para unha película. Era a primeira vez que se lle pedía a un músico algo así ¡aos seus 73 anos!. Daquela, nas salas de proxección sempre había un piano ou unha pequena orquestra, instrumentos que se tocaban durante a proxección.. O cine mudo soaba con música en directo. Era necesaria a música para disimular os ruídos da proxección. A Camille encargáronlle música para unha daquelas películas. E preparou partituras, que precisamente neste outono pasado foron interpretadas no Festival de Cine de Valladolid acompañando a proxección desta película.. Averigua o título da película que Don Camille imaxinou con música.


Se che gusta poderás repetir!

E xa para rematar comentarvos que se vos gusta o concerto poderedes asistir o sábado con quen queirades en horario de mañá. Na seguinte imaxe aparecen os concertos en familia aos que podedes asistir e o custo das entradas (fai clik na imaxe para vela máis grande).


Tamén tedes á venda o libro de Luis Piedrahita que inclúe un cd coa música que vades a escoitar o martes. A disfrutar!!
Fai clik aquí para obter máis información sobre o libro.




Videos

Aquí tedes uns videos para que disfrutedes da música deste xenial Camille!
  • Introdución e Marcha Real do León
  • Pitos e galiñas
  • Hemións
  • Tartarugas
  • Elefante
  • Canguros
  • Acuario
  • Personaxes de longas orellas
  • O Cuco na profundidade do bosque
  • Paxareira
  • Pianistas
  • Fósiles
  • O Cisne
  • Final










































Unhas fotiños do concerto para que disfrutedes...