viernes, 29 de octubre de 2010

Máis xogos!

Este material para refrescar ideas feito por Cristina Martínez é moi interesante para estudiar.Fai clik aquí

jueves, 28 de octubre de 2010

Arañanotas!


Este divertido xogo está xenial para practicar a colocación das notas no pentagrama. Está realizado por Julio Payno. Fíxate onde se sitúa a araña e indica o nome da nota que ocupa ese lugar...a xogar! Fai clik aquí.

viernes, 22 de octubre de 2010

Os peques coñecen a aula de música!

Pois así de content@s estaban @s nen@s de 1º cando visitaron por primeira vez a nosa aula de música do cole. Alí tocamos os instrumentos de percusión e repasamos as súas familias. Fixemos moitos xogos e divertímonos un montón!


miércoles, 20 de octubre de 2010

Tipos de voces humanas


Os nenos de 4º están aprendendo o funcionamento das voz humana; cales son os elementos que a compoñen, a clasificación das voces e os tipos de agrupamentos vocais.
Para repasar todo o aprendido fai clik aquí e accederás ao post que subín o curso pasado sobre a voz humana.
Atopei este material estupendo feito pola mestra Elena Duque que complementa o traballo realizado na aula e no que podedes ver videos de cada unha das voces. Non deixedes de visitalo. Fai clik aquí.

E para os que queirades saber moito máis...

Para os máis peques...a entrenar o oído!


Para os meus pequenos do 1º ciclo vai este xogo para entrenar o oído. Consiste en comparar as dúas melodías de cada globo e saber se son iguais (same) ou diferentes (different) . Concéntrate ben; primeiro escoita o globo de lunares e despois o outro para decidir.Fai clik aquí.

martes, 19 de octubre de 2010

Chega o outono e chega o Samaín!


Remata o verán,chega o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío, rematan as romarías e comezan os fiadeiros a carón do lume...e tamén chega o Samaín. Para os celtas a palabra Samaín significaba o fin do verán e comezo do inverno.

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademáis dos seus adiantos , como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.

Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:

  • 1 Febreiro en honra a de idade Imbole.

  • 1 Maio en honra a de idade Beltain.

  • 1 Agosto en honra a de idade Lungh.

  • 1 Novembro en honra a de idade Samaín.


A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a data máis importante do ano pois as portas do outro mundo abríanse para que as ánimas rendiran contas pendentes aos seus moradores. Para afastar dos seus
castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween?

A cabaza, raíña da festa

Xa sexa como adorno ou como ingrediente básico de moitas receitas, a cabaza é a protagonista indiscutible do Samaín. A cabaza é orixinaria de América e pertence á familia das cucurbitáceas.

A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.

Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.

Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.

Quen canta os males espanta
E como toda festa que se prece a música sempre está presente...na noite do 31 cantábase para espantar ás ánimas así que aquí temos unha boa proposta do grupo Mamacabra para divertirnos este Samaín...ide ensaiando! ;)






Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.

Oes dentro un barullo

de alaridos e lamentos,

era noite de trebón

nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo


A cociñar coa cabaza

E como no Recuncho Musical aproveitamos todo, co que nos sobra de preparar a nosa cabaza para o Samaín cociñamos una rica crema de cabaza...é moi sinxela e está boísima!! Mirade este video e veredes que sinxelo!


As cualidades do son


Este mapa conceptual sobre as cualidades do son é moi interesante. Está realizado por Cristina Martínez e é unha boa maneira de repasar o que xa sabedes. Facede clik aquí.

Así falou Zaratustra de Richard Strauss


Esta mañá c@s pequen@s músic@s de 3º estivemos escoitando unha das músicas máis coñecidas do compositor Richard Strauss, "Así falou Zaratustra". Podedes volver a escoitala seguindo este musicograma. Fai clik aquí.

lunes, 18 de octubre de 2010

Historia da Música en comic!


Fai tempo Vicente, o profe de debuxo de secundaria que sempre me descubre cousas moi interesantes, pasoume este libro de Historia da Música en comic que me encantou...agora atopeino pola rede en formato de libro interactivo e quero compartilo cas nenas e nenos de sexto que están comezando a estudiar as épocas histórico-musicais. Agardo que vos guste!
Fai clik aquí e sumérxete!


Corda pulsada

Seguimos con máis recursos...desta volta tócalle o turno á corda pulsada...escoita os seus sons...

Corda fretada

Outro poster con instrumentos de corda fretada...recordas cantas cordas teñen? con que se fretan? cales son as súas partes? podedes deixar os vosos comentarios!

Guido d´Arezzo

Acabo de atoparme con este poster interactivo dunha mestra de música de Cartaxena que se chama Lola Villalba. Fai clik no apartado de "Investiga" e demostra todo o que sabes...

martes, 12 de octubre de 2010

Os músicos máis pequenos!

A entrada de hoxe vai adicada aos músicos máis pequenos do noso Recuncho Musical; son as nenas e nenos de 1º que teñen moitas ganas de aprender un montón de cousas e non vamos a desaproveitar esta oportunidade!! Estes días visitaron a Aula de Música tan chuli que temos no cole e encantoulles...viron todos os instrumentos e como non, tocáronos...pasámolo en grande! En breve colgarei as fotos dese momento pero mentras tanto podedes ver que aplicados estaban traballando nunha ficha sobre os instrumentos de percusión.