lunes, 13 de diciembre de 2010

A melodía


Na casa do Mago atoparás actividades interesantes para traballar coa melodía. Fíxate ben e escoita atentamente seguindo as figuras e as notas que escoitas. Fai clik aquí.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Cuestinario para 6º

Para poñer a proba os vosos coñecementos deíxovos este cuestionario onde poderedes comprobar se estudiáchedes ben ou tedes que seguir...

martes, 2 de noviembre de 2010

Partituras 6º

E como o prometido é débeda ahí tedes as fotos dos traballos realizados...hai cousas moi orixinais...que disfrutedes das vosas partituras non convencionais!





viernes, 29 de octubre de 2010

Máis xogos!

Este material para refrescar ideas feito por Cristina Martínez é moi interesante para estudiar.Fai clik aquí

jueves, 28 de octubre de 2010

Arañanotas!


Este divertido xogo está xenial para practicar a colocación das notas no pentagrama. Está realizado por Julio Payno. Fíxate onde se sitúa a araña e indica o nome da nota que ocupa ese lugar...a xogar! Fai clik aquí.

viernes, 22 de octubre de 2010

Os peques coñecen a aula de música!

Pois así de content@s estaban @s nen@s de 1º cando visitaron por primeira vez a nosa aula de música do cole. Alí tocamos os instrumentos de percusión e repasamos as súas familias. Fixemos moitos xogos e divertímonos un montón!


miércoles, 20 de octubre de 2010

Tipos de voces humanas


Os nenos de 4º están aprendendo o funcionamento das voz humana; cales son os elementos que a compoñen, a clasificación das voces e os tipos de agrupamentos vocais.
Para repasar todo o aprendido fai clik aquí e accederás ao post que subín o curso pasado sobre a voz humana.
Atopei este material estupendo feito pola mestra Elena Duque que complementa o traballo realizado na aula e no que podedes ver videos de cada unha das voces. Non deixedes de visitalo. Fai clik aquí.

E para os que queirades saber moito máis...

Para os máis peques...a entrenar o oído!


Para os meus pequenos do 1º ciclo vai este xogo para entrenar o oído. Consiste en comparar as dúas melodías de cada globo e saber se son iguais (same) ou diferentes (different) . Concéntrate ben; primeiro escoita o globo de lunares e despois o outro para decidir.Fai clik aquí.

martes, 19 de octubre de 2010

Chega o outono e chega o Samaín!


Remata o verán,chega o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío, rematan as romarías e comezan os fiadeiros a carón do lume...e tamén chega o Samaín. Para os celtas a palabra Samaín significaba o fin do verán e comezo do inverno.

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademáis dos seus adiantos , como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.

Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:

  • 1 Febreiro en honra a de idade Imbole.

  • 1 Maio en honra a de idade Beltain.

  • 1 Agosto en honra a de idade Lungh.

  • 1 Novembro en honra a de idade Samaín.


A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a data máis importante do ano pois as portas do outro mundo abríanse para que as ánimas rendiran contas pendentes aos seus moradores. Para afastar dos seus
castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween?

A cabaza, raíña da festa

Xa sexa como adorno ou como ingrediente básico de moitas receitas, a cabaza é a protagonista indiscutible do Samaín. A cabaza é orixinaria de América e pertence á familia das cucurbitáceas.

A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.

Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.

Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.

Quen canta os males espanta
E como toda festa que se prece a música sempre está presente...na noite do 31 cantábase para espantar ás ánimas así que aquí temos unha boa proposta do grupo Mamacabra para divertirnos este Samaín...ide ensaiando! ;)






Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a miles.

Oes dentro un barullo

de alaridos e lamentos,

era noite de trebón

nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo


A cociñar coa cabaza

E como no Recuncho Musical aproveitamos todo, co que nos sobra de preparar a nosa cabaza para o Samaín cociñamos una rica crema de cabaza...é moi sinxela e está boísima!! Mirade este video e veredes que sinxelo!


As cualidades do son


Este mapa conceptual sobre as cualidades do son é moi interesante. Está realizado por Cristina Martínez e é unha boa maneira de repasar o que xa sabedes. Facede clik aquí.

Así falou Zaratustra de Richard Strauss


Esta mañá c@s pequen@s músic@s de 3º estivemos escoitando unha das músicas máis coñecidas do compositor Richard Strauss, "Así falou Zaratustra". Podedes volver a escoitala seguindo este musicograma. Fai clik aquí.

lunes, 18 de octubre de 2010

Historia da Música en comic!


Fai tempo Vicente, o profe de debuxo de secundaria que sempre me descubre cousas moi interesantes, pasoume este libro de Historia da Música en comic que me encantou...agora atopeino pola rede en formato de libro interactivo e quero compartilo cas nenas e nenos de sexto que están comezando a estudiar as épocas histórico-musicais. Agardo que vos guste!
Fai clik aquí e sumérxete!


Corda pulsada

Seguimos con máis recursos...desta volta tócalle o turno á corda pulsada...escoita os seus sons...

Corda fretada

Outro poster con instrumentos de corda fretada...recordas cantas cordas teñen? con que se fretan? cales son as súas partes? podedes deixar os vosos comentarios!

Guido d´Arezzo

Acabo de atoparme con este poster interactivo dunha mestra de música de Cartaxena que se chama Lola Villalba. Fai clik no apartado de "Investiga" e demostra todo o que sabes...

martes, 12 de octubre de 2010

Os músicos máis pequenos!

A entrada de hoxe vai adicada aos músicos máis pequenos do noso Recuncho Musical; son as nenas e nenos de 1º que teñen moitas ganas de aprender un montón de cousas e non vamos a desaproveitar esta oportunidade!! Estes días visitaron a Aula de Música tan chuli que temos no cole e encantoulles...viron todos os instrumentos e como non, tocáronos...pasámolo en grande! En breve colgarei as fotos dese momento pero mentras tanto podedes ver que aplicados estaban traballando nunha ficha sobre os instrumentos de percusión.






jueves, 23 de septiembre de 2010

Comezamos un novo curso!!


Ola de novo e benvid@s a un novo curso para o que temos moitas cousiñas preparadas así que agardo que cargárades ben as pilas no verán e poñades todo o voso interese en aprender moitas máis cousas de Música. Deíxovos unhas actividades interactivas para que poidades comezar a entrenar a cabeciña e a poñades a punto para o curso!!


Fai clik aquí para acceder ás diferentes actividades que nos propoñen os personaxes da ópera A Frauta Máxica de Mozart e comproba o teu nivel.










E aquí tedes máis. Lasifami, a protagonista lévanos de viaxe polo Castelo da Música para mostrarnos moitas cousas. Fai clik aquí e verás!

martes, 22 de junio de 2010

Ata pronto!!

Pois chegou a hora da despedida aínda que as vacacións non sei que teñen que pasan voando!! Agardo que vos divertírades moito e aprendérades moitas cousiñas de Música...tamén agardo que non as esquezades no verán!!
Recordade que tedes que gardar a libreta para o próximo curso pois hai que aproveitala, seguide practicando coa flauta...tedes partituras novas que non deu tempo a montalas.
Desde o Recuncho Musical quero felicitar as nenas e nenos de 5º e 6º que representaron a obra de inglés esta mañá...todo un éxito! Quen sabe se teremos algún futuro actor ou actriz profesional entre nós! O fixéchedes xenial!! Todas as horas de traballo e esforzo...e os recreos! que tanto ensaiáchedes tiveron a súa recompensa así que NORABOA!!
Deíxovos un video de despedida que fixeron os nenos de 5ºB. Disfrutade do verán! Por certo a ilustración que acompaña este post é de Leandro Lamas...un home que fai cousas fermosísimas.
Moitos bicos para tod@s!! Muuuuuaaaaaa!


sábado, 19 de junio de 2010

Para os fans de Tic Tac

Como sei que neste cole hai moitos fans do libro-disco Tic Tac do meu amigo Pablo Díaz deíxovos uns videos da presentación que fixo na FNAC na que estivéchedes algúns de vós e os que non disfrutádeos!! Con Pablo estivo toda a xente que colaborou no disco e foi unha tarde moi fermosa pero os que non faltaron foron os grandes protagonistas...as nenas e nenos!

Eu teño oito anos e chámome Antón...


A choiva


No mar


Tic, Tac

Máis cousiñas de "Los chicos del coro"

Despois do éxito de "Los chicos del coro" aquí tedes un material moi interesante feito por unha profe xenial de Cantabria que se chama María Jesús Camino e os seus alumnos con material para que cantedes, toquedes e sobre todo vos divirtades moito... Fai clik aquí.






martes, 1 de junio de 2010

Los chicos del coro


Nas próximas sesións veremos a película "Los chicos del Coro" do director francés Christophe Barratier. Fálanos da infancia, a amizade e a ensinanza e o importante que é tratar ben aos demáis para sacar o mellor deles mesmos. Frente aos métodos abusivos e violentos do seu director o novo vixilante cambiará a vida de todos eles empregando a Música como ingrediente para destilar un novo perfume cargado de afectividade, comprensión e solidariedade. Unha película que non vos cansaredes de ver e que recomendo a todos! Estade atentos e non perdades ningún detalle!


Podedes ver o trailler da película...




A música da película é de Bruno Coulais. Aquí tedes o tema principal da peli...

martes, 18 de mayo de 2010

Exposición galega


A semana pasada celebramos as Letras Galegas no cole con moitas actividades dentro e fora das aulas e unha delas foi a exposición galega que fixemos entre todos...temos que agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboráchedes traendo cousiñas das vosas casas e en especial a Candela Castro e Arancha Concherio que cederon os seus traxes para a exposición.
Foi unha actividade ben fermosa que aínda poderedes desfrutar durante os próximos días.

Deíxovos algunhas fotos...


martes, 11 de mayo de 2010

Semana das Letras Galegas


O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Dende o ano 2010 a presidencia é exercida por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Día das Letras Galegas 2010 adicado a Uxío Novoneyra

Como xa sabedes, esta semana estamos traballando as Letras Galegas que este ano está
n adicadas a Uxío Novoneyra.
Uxío Novoneyra, poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico.



Actividades en liña:
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo






Estamos preparando unha exposición de temática galega e traballando o Himno Galego.
Déixovos o karaoke para que poidades practicar. A cantar....

viernes, 7 de mayo de 2010

Escola de Música Increscendo en O Temple (Cambre)

Para ampliar as imaxes só tes que facer clik enriba delas.