martes, 18 de mayo de 2010

Exposición galega


A semana pasada celebramos as Letras Galegas no cole con moitas actividades dentro e fora das aulas e unha delas foi a exposición galega que fixemos entre todos...temos que agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboráchedes traendo cousiñas das vosas casas e en especial a Candela Castro e Arancha Concherio que cederon os seus traxes para a exposición.
Foi unha actividade ben fermosa que aínda poderedes desfrutar durante os próximos días.

Deíxovos algunhas fotos...


martes, 11 de mayo de 2010

Semana das Letras Galegas


O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Dende o ano 2010 a presidencia é exercida por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Día das Letras Galegas 2010 adicado a Uxío Novoneyra

Como xa sabedes, esta semana estamos traballando as Letras Galegas que este ano está
n adicadas a Uxío Novoneyra.
Uxío Novoneyra, poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico.



Actividades en liña:
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo






Estamos preparando unha exposición de temática galega e traballando o Himno Galego.
Déixovos o karaoke para que poidades practicar. A cantar....

viernes, 7 de mayo de 2010

Escola de Música Increscendo en O Temple (Cambre)

Para ampliar as imaxes só tes que facer clik enriba delas.









Conservatorio Culleredo

Continuamos publicando informanción sobre escolas e conservatorios que poden interesarvos; desta volta o Conservatorio de Culleredo. Nos próximos días actualizaremos os prazos de matrícula e preinscripcións.
Conservatorio profesional de música de Culleredo

R/ Andrés Pan Vieiro, nº 30, Acea de Ama - O Burgo - Culleredo

Teléfono: 981 66 12 08 Fax: 984 65 46 44

Correo electrónico: conservatorio@culleredo.org

Horario administrativo:

  • De 08:30 a 14:45 horas

Horario lectivo:

  • De 15:00 a 22:00 horas

O Conservatorio profesional de música de Culleredo respondendo ao plan de estudos da LOXSE imparte os graos elemental e medio con especialidades en:

acordeón, canto, contrabaixo, clarinete, oboe, frauta, guitarra, piano, saxofón, trompa, trompeta, trombón, violín, viola, violonchelo.

Así mesmo oferta dous cursos en iniciación musical.

Iniciación:

Idade de ingreso:

Iniciación I: 6 anos cumpridos antes do 31 de decembro.

Iniciación II: 7 anos cumpridos antes do 31 de decembro.

A duración das clases será de dúas horas semanais repartidas en dous días.

Grao elemental:

A idade mínima de acceso ao grao elemental é de 8 anos (cumpridos antes do 31 de decembro) e a máxima é de 14 anos.

Grao medio:

Non hai límite de idade

ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL

Para acceder a 1º de grao elemental o candidato terá que superar unha proba para avaliar as súas aptitudes musicais. Para a realización desta proba non é necesario ter coñecementos musicais.

Incluirá os seguintes aspectos:

  • Exercicios para avaliar a aptitude rítmica.
  • Exercicios para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
  • Exercicios para avaliar a aptitude de psicomotricidade.

ACCESO A 2º, 3º E 4º DE GRAO ELEMENTAL :

Calquera poderá acceder a calquera outro curso de grao elemental sen que superara os anteriores cursos sempre que súa idade estea dentro dos límites establecidos e supere a correspondente proba de acceso (e sempre que existan prazas vacantes na especialidade que se solicite).

A proba consistirá en:

  • Exercicio de interpretación no instrumento da especialidade que elixira.
  • Exercicio de linguaxe musical.

ACCESO A 1º DE GRAO MEDIO

Poderase acceder a calquera curso de grao medio superando a correspondente proba e sempre que existan prazas vacantes na especialidade que se solicite.

DISTRIBUCIÓN DAS MATERIAS:

Grao elemental:

1º Curso: Linguaxe Musical, Música Activa e Instrumento

2º Curso: Linguaxe Musical, Coro e Instrumento

3º Curso: Linguaxe Musical, Coro e Instrumento

4º Curso: Linguaxe Musical, Audicións comentadas e Instrumento

Grao medio

1º Curso: Linguaxe Musical, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra, (agás guitarristas e pianistas) e Instrumento

2º Curso: Linguaxe Musical, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra (agás guitarristas e pianistas) e Instrumento

3º Curso: Harmonía, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Coro (só alumnado de acordeón, guitarra e piano), Música de cámara e Instrumento

4º Curso: Harmonía, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Coro (só alumnado de acordeón, guitarra e piano), Música de cámara e Instrumento

5º Curso: Harmonía, Fundamentos de composición ou análise, Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Música de cámara, Acompañamento (só pianistas), Instrumento e Optativas (Coro ou Informática)

6º Curso Harmonía, Fundamentos de composición, Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Música de cámara, Acompañamento (só pianistas), Historia da música, Instrumento e Optativas (Coro ou Informática)



OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Concertos didácticos: As concellarías de Educación e Cultura organizan conxuntamente estes concertos.
  • Concertos do alumnado: Celebraranse ao longo do curso coa participación de todos os/as alumnos/as co fin de favorecer a súa capacidade para interpretar en público.
  • Festividade de Santa Icía: Pretende reunir a toda a comunidade educativa en torno a unha serie de actos que se celebran co motivo da festividade da patroa da música.
  • Master Class: O programa de clases maxistrais establécese co propósito de dar ao estudantado e a comunidade en xeral a oportunidade de compartir cos grandes mestres coñecementos musicais.
  • Cursos de verán: Proponse unha variada oferta para o periodo estival, dirixido tanto para alumnos/as de grao elemental e medio como para persoas afeccionadas en xeral.

miércoles, 5 de mayo de 2010

Matrícula Escolas de Música

Os que queirades matricularvos nalgunha escola de música para o próximo curso tedes que estar atentos pois nos próximos días ábrense os prazos de preinscripción.
Deíxovos a información que irei actualizando estes días... animádevos!




Escola Municipal de Música A Fábrica de Oleiros

Rúa do Inglés s/n. 15172 Oleiros :: Telf 981.639.143 / Fax: 981.639.592

7-21 MAIO :Renovación Matrícula.
  • Instrumento: Renovación de matrícula dos alumnos de instrumento oficiais do curso 2009-2010 tanto de instrumento como de Música e Movemento.
  • Música e Movemento: Renovación dos alumnos que permanezan nesta disciplina de Música e Movemento / Renovación dos alumnos de Música e Movemento que pasan á disciplina de instrumento. A reunión cos pais sera o mércores 12 de maio ás 20:00h.
25 MAIO: Publicación de prazas.

26-28 MAIO: Preinscripción para Música e Movemento.
  • A preinscripción farase por orde de chegada.
  • A preinscripción non garante a adxudicación de prazas.
1-2 XUÑO: Preinscripción para Instrumento.
  • A preinscripción farase por orde de chegada.
  • A preinscripción non garante a adxudicación de prazas.
9 XUÑO: Adxudicación de prazas e lista de espera.
  • A publicación de prazas e a Lista de espera publicarase no tablón de anuncios da Escola Municipal de Música de Oleiros (en administración)
10-25 XUÑO: Prazo de Matrícula.
  • A matrícula e asignación de prazos dependerá das vacantes das que a escola dispoña no mes de maio.
  • Para efectuar a matrícula sería necesario aportar:
  1. Fotocopia do Libro de Familia ou DNI.
  2. Certificado de empadronamento.
  3. Unha foto tamaño carnet.

sábado, 1 de mayo de 2010

Como se fai unha canción?


O pasado mércores as nenas e nenos de 2º ciclo tivemos a sorte de asistir a un concerto didáctico moi divertido. Como se fai unha canción? é o título do espectáculo onde tres exploradores chegan a unha illa na procura dun tesouro...a música e alí teñen que ir descubrindo as pistas que os axudarán a entender como se fai unha canción. Coa axuda do público Calderón, Contratempo e a señorita Anacrusa resolven o enigma; melodía, letra, ritmo, instrumentos, armonía e arranxos son os ingredientes necesarios para cociñar un pouco de música.
A compañía encargada de facernos disfrutar tanto é L´harmónica invisible, unha formación catalana especializada en concertos para escolares. As cancións,textos e decorado son feitos por eles.
Se queredes coñeceder un pouquiño máis sobre esta compañía e os seus espectáculos preme aquí.


As fotiños da chegada ao recinto...



Aquí tedes un video de fin de festa...como veredes, un auténtico éxito. Recordades a letra?


Ya llegamos hasta aquí
venimos a descubrir,
un tesoro musical
para así poder cantar.

Con la voz y el corazón
instrumentos y emoción,
explorar para aprender
como se hace una canción.


E unha sorpresiña final...Angel, Esteve e Andy envíanvos un saudiño moi especial... :)