viernes, 7 de mayo de 2010

Conservatorio Culleredo

Continuamos publicando informanción sobre escolas e conservatorios que poden interesarvos; desta volta o Conservatorio de Culleredo. Nos próximos días actualizaremos os prazos de matrícula e preinscripcións.
Conservatorio profesional de música de Culleredo

R/ Andrés Pan Vieiro, nº 30, Acea de Ama - O Burgo - Culleredo

Teléfono: 981 66 12 08 Fax: 984 65 46 44

Correo electrónico: conservatorio@culleredo.org

Horario administrativo:

  • De 08:30 a 14:45 horas

Horario lectivo:

  • De 15:00 a 22:00 horas

O Conservatorio profesional de música de Culleredo respondendo ao plan de estudos da LOXSE imparte os graos elemental e medio con especialidades en:

acordeón, canto, contrabaixo, clarinete, oboe, frauta, guitarra, piano, saxofón, trompa, trompeta, trombón, violín, viola, violonchelo.

Así mesmo oferta dous cursos en iniciación musical.

Iniciación:

Idade de ingreso:

Iniciación I: 6 anos cumpridos antes do 31 de decembro.

Iniciación II: 7 anos cumpridos antes do 31 de decembro.

A duración das clases será de dúas horas semanais repartidas en dous días.

Grao elemental:

A idade mínima de acceso ao grao elemental é de 8 anos (cumpridos antes do 31 de decembro) e a máxima é de 14 anos.

Grao medio:

Non hai límite de idade

ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL

Para acceder a 1º de grao elemental o candidato terá que superar unha proba para avaliar as súas aptitudes musicais. Para a realización desta proba non é necesario ter coñecementos musicais.

Incluirá os seguintes aspectos:

  • Exercicios para avaliar a aptitude rítmica.
  • Exercicios para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
  • Exercicios para avaliar a aptitude de psicomotricidade.

ACCESO A 2º, 3º E 4º DE GRAO ELEMENTAL :

Calquera poderá acceder a calquera outro curso de grao elemental sen que superara os anteriores cursos sempre que súa idade estea dentro dos límites establecidos e supere a correspondente proba de acceso (e sempre que existan prazas vacantes na especialidade que se solicite).

A proba consistirá en:

  • Exercicio de interpretación no instrumento da especialidade que elixira.
  • Exercicio de linguaxe musical.

ACCESO A 1º DE GRAO MEDIO

Poderase acceder a calquera curso de grao medio superando a correspondente proba e sempre que existan prazas vacantes na especialidade que se solicite.

DISTRIBUCIÓN DAS MATERIAS:

Grao elemental:

1º Curso: Linguaxe Musical, Música Activa e Instrumento

2º Curso: Linguaxe Musical, Coro e Instrumento

3º Curso: Linguaxe Musical, Coro e Instrumento

4º Curso: Linguaxe Musical, Audicións comentadas e Instrumento

Grao medio

1º Curso: Linguaxe Musical, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra, (agás guitarristas e pianistas) e Instrumento

2º Curso: Linguaxe Musical, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra (agás guitarristas e pianistas) e Instrumento

3º Curso: Harmonía, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Coro (só alumnado de acordeón, guitarra e piano), Música de cámara e Instrumento

4º Curso: Harmonía, Piano complementario (agás pianistas), Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Coro (só alumnado de acordeón, guitarra e piano), Música de cámara e Instrumento

5º Curso: Harmonía, Fundamentos de composición ou análise, Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Música de cámara, Acompañamento (só pianistas), Instrumento e Optativas (Coro ou Informática)

6º Curso Harmonía, Fundamentos de composición, Orquestra (agás guitarristas e pianistas), Música de cámara, Acompañamento (só pianistas), Historia da música, Instrumento e Optativas (Coro ou Informática)



OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Concertos didácticos: As concellarías de Educación e Cultura organizan conxuntamente estes concertos.
  • Concertos do alumnado: Celebraranse ao longo do curso coa participación de todos os/as alumnos/as co fin de favorecer a súa capacidade para interpretar en público.
  • Festividade de Santa Icía: Pretende reunir a toda a comunidade educativa en torno a unha serie de actos que se celebran co motivo da festividade da patroa da música.
  • Master Class: O programa de clases maxistrais establécese co propósito de dar ao estudantado e a comunidade en xeral a oportunidade de compartir cos grandes mestres coñecementos musicais.
  • Cursos de verán: Proponse unha variada oferta para o periodo estival, dirixido tanto para alumnos/as de grao elemental e medio como para persoas afeccionadas en xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario