domingo, 27 de diciembre de 2009

Bo Nadal!

Que tal de vacacións? Seguro que estades encantad@s!
Aquí deixo un video para que riades un pouco!!! Podedes intentalo vos facendo clik debaixo do video. Moitos bicos a tod@s e desexo que o novo ano veña cargado de cousiñas fermosas para vos e as vosas familias!

Send your own ElfYourself eCards

domingo, 6 de diciembre de 2009

Animusic


Chegou a hora de descubrir á famosa máquina de música posteada a semana pasada. Moitos de vos dixéchedes que o video non era real e efectivamente!
O que víchedes nese video foi unha animación en 3D con música, todo creado con ordenador (música e imaxe). Resulta moi curioso a maneira tan espectacular na que a música e a imaxe van collidas da man posto que ata os sons máis discretos están representados por algunhas das máquinas- instrumentos da animación...cada vez que os miredes descubriredes novos detalles...seguro!
Trátase dunha compañía americana chamada ANIMUSIC que emprega música pop e rock maioritariamente para as súas montaxes. A compañía ten editados 2 dvds: Animusic (2004) e Animusic 2 (2005) e na actualidade estase á espera de que se publique Animusic 3.

Aquí tedes os trailers de Animusic e Animusic 2 :








Podedes visitar a súa web e descubrir máis cousiñas sobre a compañía e a próxima edición de Animusic 3, veredes fotos dos creadores e do lugar no que traballan así como algúns dos videos recollidos nos dous volumes de Animusic editados ate o momento. Só tes que facer clik aquí para acceder; a páxina está en inglés así que poderás practicalo.


Para ver máis videos fai clik en Animusic ou Animusic 2.
Agardo que os disfrutedes!!




O Frautista de Hamelín

Nun comentario pedíchedes que puxera algún post sobre o Frautista de Hamelín. Pois ben, o conto foi escrito polos famosos irmáns Grim, Jacob e Wilhem e basáronse nunha lenda que ocorreu na cidade alemana de Hamelím alá polo 1824.
Pola rede atopei unha das múltiples versións que ten este conto e que posteo a continuación.


Esta é a historia...


"Hace mucho, muchísimo tiempo, en la próspera ciudad de Hamelín, sucedió algo muy extraño: una mañana, cuando sus habitantes salieron de sus casas, encontraron las calles invadidas por miles de ratones que merodeaban por todas partes, devorando, insaciables, el grano de sus repletos graneros y la comida de sus bien provistas despensas. ratas

Nadie acertaba a comprender la causa de tal invasión, y lo que era aún peor, nadie sabía qué hacer para acabar con tan inquietante plaga.

Por más que pretendían exterminarlos o, al menos, ahuyentarlos, tal parecía que cada vez acudían más y más ratones a la ciudad. Tal era la cantidad de ratones que, día tras día, se enseñoreaba de las calles y de las casas, que hasta los mismos gatos huían asustados.

Ante la gravedad de la situación, los prohombres de la ciudad, que veían peligrar sus riquezas por la voracidad de los ratones, convocaron al Consejo y dijeron: “Daremos cien monedas de oro a quien nos libre de los ratones”.

Al poco se presentó ante ellos un flautista taciturno, alto y desgarbado, a quien nadie había visto antes, y les dijo: “La recompensa será mía. Esta noche no quedará ni un sólo ratón en Hamelín”.

Dicho esto, comenzó a pasear por las calles y, mientras paseaba, tocaba con su flauta una maravillosa melodía que encantaba a los ratones, quienes saliendo de sus escondrijos seguían embelesados los pasos del flautista que tocaba incansable su flauta.

Y así, caminando y tocando, los llevó a un lugar muy lejano, tanto que desde allí ni siquiera se veían las murallas de la ciudad.

Por aquel lugar pasaba un caudaloso río donde, al intentar cruzarlo para seguir al flautista, todos los ratones perecieron ahogados.

Flautista 2 Los hamelineses, al verse al fin libres de las voraces tropas de ratones, respiraron aliviados. Ya tranquilos y satisfechos, volvieron a sus prósperos negocios, y tan contentos estaban que organizaron una gran fiesta para celebrar el feliz desenlace, comiendo excelentes viandas y bailando hasta muy entrada la noche.

A la mañana siguiente, el flautista se presentó ante el Consejo y reclamó a los prohombres de la ciudad las cien monedas de oro prometidas como recompensa. Pero éstos, liberados ya de su problema y cegados por su avaricia, le contestaron: “¡Vete de nuestra ciudad!, ¿o acaso crees que te pagaremos tanto oro por tan poca cosa como tocar la flauta?”.

Y dicho esto, los orondos prohombres del Consejo de Hamelín le volvieron la espalda profiriendo grandes carcajadas.

Furioso por la avaricia y la ingratitud de los hamelineses, el flautista, al igual que hiciera el día anterior, tocó una dulcísima melodía una y otra vez, insistentemente.

Pero esta vez no eran los ratones quienes le seguían, sino los niños de la ciudad quienes, arrebatados por aquel sonido maravilloso, iban tras los pasos del extraño músico.

Cogidos de la mano y sonrientes, formaban una gran hilera, sorda a los ruegos y gritos de sus padres que en vano, entre sollozos de desesperación, intentaban impedir que siguieran al flautista.

Nada lograron y el flautista se los llevó lejos, muy lejos, tan lejos que nadie supo adónde, y los niños, al igual que los ratones, nunca jamás volvieron.

En la ciudad sólo quedaron sus opulentos habitantes y sus bien repletos graneros y bien provistas despensas, protegidas por sus sólidas murallas y un inmenso manto de silencio y tristeza.

Y esto fue lo que sucedió hace muchos, muchos años, en esta desierta y vacía ciudad de Hamelín, donde, por más que busquéis, nunca encontraréis ni un ratón ni un niño."

Como xa sei que os videos gustan moito, deixo este video que resume a historia deste clásico:




Queredes escoitar a melodía que tocaba o flautista de Hamelín?

sábado, 5 de diciembre de 2009

Rodolfo, o reno.

Xa comezamos a preparar o Festival de Nadal!
Estes días no primeiro ciclo estamos aprendendo "Rodolfo, el reno", unha peza moi divertida que nos encanta!!

Xa podedes ensaiar con estes videos e coa fichiña que entregamos na clase (algunhas versións non comparten a mesma letra pero nos cantaremos a que temos na nosa ficha).
Recordade que temos que saber moi ben a letra!
Bicos Rodolf@s!







miércoles, 2 de diciembre de 2009

O corpo é un instrumento!

E aquí tedes a proba de que é verdade. Grazas a Juan, o papá de Raúl (4ºC) e Arantxa, a mamá de Nekane(3ºC) e Eloy (1ºC) por pasalo! É un pracer que os papás tamén colaboredes no noso blog coas vosas aportacións e comentarios!

domingo, 29 de noviembre de 2009

Partitura para flauta " Himno á Ledicia"

Para os que me pedíchedes partituras para flauta. Nos próximos días colgarei máis! Aquí tedes a partitura para flauta do "Himno á Ledicia" e o playback para que a toquedes acompañados da música.




Karaoke

Estreamos no Recuncho Musical o noso apartado de Karaoke, é moi divertido se o facedes con máis persoas. Abrimos esta sección cunha canción de Diego Torres que fala do Color Esperanza. Estamos ás portas do Nadal así que non perdamos a esperanza de que o mundo no que vivimos sexa un pouco mellor pero recorda que tí tamén formas parte del. Que o disfrutedes!!

“COLOR ESPERANZA”

arco-iris

Se que hay en tus ojos con solo mirar
que estás cansado de andar y de andar
y caminar, girando siempre en un lugar.


Se que las ventanas se pueden abrir
cambiar el aire depende de ti
te ayudará, vale la pena una vez más.


Saber que se puede, querer que se pueda
Quitarse los miedos, sacarlos afuera
pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.


Es mejor perderse que nunca embarcar
mejor tentarse a dejar de intentar
aunque ya vez que no es tan facil empezar.

Se que lo imposible se puede lograr
que la tristeza algun día se irá

y así será, la vida cambia y cambiará.


Sentirás que el alma vuela
por cantar una vez más.


Saber que se puede querer que se pueda
quitarse los miedos, sacarlos afuera
pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.


Saber que se puede, querer que se pueda
quitarse los miedos, sacarlos afuera
pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.


Vale mas poder brillar
que solo buscar ver el sol.


Pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.


Saber que se puede…
Querer que se pueda…
Pintarse la cara color esperanza
tentar al futuro con el corazón.


A música na Idade Media

Na Idade Media predominaba o canto sobre a música instrumental, especialmente o canto gregoriano. O canto gregoriano cantábase nos mosteiros a capella (sen acompañamento instrumental) e os protagonistas dos textos eran personaxes bíblicos ou santos.
Pero a música foi evolucionando e os temas tratados xa non eran só relixiosos.
A música vocal, os instrumentos e a danza fóronse mesturando cada vez máis para acabar dando orixe a melodramas musicais.
O seguinte video conta de maneira reesumida a historia da música da Idade Media.






Aparece o primeiro nome propio que achega algo interesante á nacente historia da música: Guido de Arezzo. El é primeiro en nomear as notas da escala, servíndose dun singular recurso: o himno a San Xoán posto que emprega a primeira sílaba de cada verso. Mesmo emprega a man como recurso para empregar o ensino das notas.



Guido de Arezzo Hinmo a San Xoán


Man de Guido

Facede clik e escoitaredes o Himno a San Xoán:




Deíxovos uns videos sobre a historia da notación Musical que aprendemos na clase, son moi interesantes.










A orixe da Música


A orixe da música é tan antiga como o ser humano. Algúns autores coinciden en que a música naceu da imitación dos sons da natureza e outros manifestan que foi a partir dos sons rítmicos e monótonos que se producían nas actividades cotiás.
Posto que non temos documentos que nos conten como naceu a música, os descubrimentos arqueolóxicos tiveron un papel moi importante no estudio da orixe da música; grazas a eses descubrimentos sabemos como eran os seus instrumentos e a maneira que tiñan de tocalos.

Xa dixo Friedrich Nietzsche que " sen música a vida sería un erro" e sabemos que desde que o home existe a música o acompaña na cotidianidade da súa vida.

Tal e como dixemos na clase,
ao principio foi o ritmo. Os diversos testemuños arqueolóxicos presentes en múltiples civiilizacións coinciden en que todas utilizaban diferentes obxetos como instrumentos sonoros. As primerias sociedades que existiron entendían a música como unha forma de expresarse e comunicarse. E non só a música senon tamén a danza.

O seguinte video ilustra todo o que vos acabo de contar cun pequeno toque de humor pero podería ser unha adaptación do que sucedeu cas antigas civilizacións e coa música.








Descubrín un artigo moi interesante onde nos fala dun dos instrumentos máis antigos que se coñecen, unha flauta de 35.000 anos! Fai clik na imaxe e accederás á noticia.








Lego Star Wars

Ignacio de 6ºB pasoume este video para o noso apartado de Música Curiosa.
Sabedes quen compuxo a banda sonora de Star Wars? cales son
os instrumentos que tocan os legos? Encántame esa batuta!

viernes, 27 de noviembre de 2009

Trivial Musical


Quen saberá máis? Atentos ás instruccións. Podedes xogar de un xogador ata catro. A ver que vos parece...

martes, 24 de noviembre de 2009

Máquina Musical

Miguel Belmonte de 6ºA e Pedro de 6ºC pedíronme que colgara este video. Está moi chulo! pensades que é real ou non? como o farían? que vos parece?
Grazas Miguel e Pedro!

jueves, 19 de noviembre de 2009

Concerto en Familia "Familias en Acción"


A OSG iniciou a súa programación de concertos didácticos co programa Familias en acción, un achegamento aos instrumentos que conforman unha orquesta sinfónica. O programa didáctico ofreceuse no Palacio da Ópera da Coruña desde o pasado 17 de novembro que culminará o sábado 21 de novembre nun Concerto en familia que terá lugar ás 12 horas.

Baixo a dirección de Juan Luis Pérez e coa narradora Ana Hernández Sanchiz, a OSG irá desgranando os detalles das diferentes familias que integran a orquesta sinfónica a través de músicas de Bach, Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Dvorák, Stravinski, Shostakóvich y Chaikovski.

É unha excelente oportunidade de pasar un bo rato en familia. Os nenos de 3º a 6º xa tiveron a sorte de vivir esta experiencia o pasado martes 17 . Facede clik aquí e accederedes á información da venda de entradas e os próximos concertos en familia. Agardo que o disfrutedes!

O Carnaval dos Animais de Camille Saint - Saëns


Neste primeiro trimestre tivemos a sorte de coñecer algúns dos grandes compositores da historia da música e escoitar algunhas das súas obras. Un ano máis, os nenos de 2º de primaria recordamos a Camille Saint- Saëns. Este músico francés foi un virtuoso pianista pero tamén fixo outras moitas cousas como escribir poesía, observar as estrelas ou estudiar matemáticas. En 1886 escribiu a obra musical "O Carnaval dos Animais" que como xa sabedes está formada por 14 pezas adicadas a distintos animais...aínda que, non exactamente posto que todas as pezas teñen nomes de animais excepto unha; quixo facer unha broma aos pianistas e consideralos parte da fauna que se encontra neste "carnaval" .
Estos son os títulos das 14 pezas:
1. Introdución e marcha real do león
2. Galiñas e galos
3. Asnos salvaxes (animais veloces)
4. Tartarugas
5. O elefante
6. Canguros
7. Acuario
8. Personaxes con longas orellas
9. O cucú no fondo do bosque
10. Aviario
11. Pianistas
12. Fósiles
13. O cisne
14. Final



Camille era un home serio e por iso non deixou que se publicara esta obra mentras vivira pois escribiu no seu testamento que os seus editores habituais poderían publicar a súa obra cando él morrera; quen lle iba a decir ao músico francés que "O Carnaval dos Animais" sería a súa obra máis coñecida!

Neste trimestre escoitamos "Acuario" adicada aos animais mariños
. Foi escrita para flauta, armónica de cristal, 2 pianos, 2 violíns, viola e violonchelo. A armónica de cristal non ten nada que ver coa armónica que coñecedes pois é un instrumento que consiste nunha serie de recipientes de cristal pero hoxe en día é sustituída por outro instrumento chamado Glockenspiel. Camille Saint- Saëns quería que nos imaxináramos o fondo do mar con todos os seus habitantes e vaia se o fixemos...convertímonos en diferentes peixes e aleteamos polo "mar" da clase...moi divertido!

Aquí deixo este video para que miredes o mar como se fósedes algún peixe dos que imaxinou Camille Saint- Saëns.




Canto sabes de liguaxe musical?


Fai click e comproba o teu nivel de linguaxe musical.

martes, 17 de noviembre de 2009

A voz humana




A voz é o noso instrumento por excelencia. O máis antigo e o que serviu para que moita música se mantivera de xeración en xeración. Nas clases de 4º estamos aprendendo moitas cousas sobre a voz humana: o seu funcionamento, os seus coidados e a súa clasificación.
A continuación deixovos moita información de todo o que estamos traballando na clase. Aos que estades en 5º e 6º tamén vos interesa moito para repasar todo o que xa sabedes.
Para acceder só tes que facer clik sobre o título.





Videos:

1. A voz e o seu funcionamento:


Fai click aquí e accederás a unha colección de videos que explican o funcionamento da voz e o aparato fonador.
A colección consta de 10 vídeos e os temas que trata son os seguintes:



1. Presentación Xeral / 2. A Larinxe Humana

3. A Larinxe e as súas funcións / 4. A Fonación

5. A voz falada / 6. A voz cantada

7. Larinxe e técnica vocal / 8. Báscula Larínxea

9. Técnica Vocal / 10. Vocalización


2. Agrupacións Vocais:


A voz humana pódese agrupar de diferentes maneiras.

Se atendemos á instrumentación temos:

- Coro a capella, é o coro que canta sen acompañamento instrumental.

- Coro concertante, é o coro que canta acompañado por instrumentos.


Segundo o xénero dos seus componentes agrúpanse así:

- Coro de voces iguais, cando todas as voces que o compoñen son do mesmo tipo (voces blancas, voces graves, o voces agudas). Pode ser un coro de voces brancas ou un coro de voces graves.

- Coro de voces mixtas. Cando as voces que o forman son de diferente natureza, por exemplo voces agudas e graves no mesmo coro.


En canto ao número de componentes dun coro teremos:

- Dúo: Formado por dos cantantes.

- Trío: Formado por tres cantantes.

- Cuarteto: Formado por catro cantantes (polo xeral un cuarteto o forman soprano, contralto, tenor e baixo).

- Sexteto: Formado por seis cantantes, xeneralmente con voces de soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo.

- Octeto: É unha duplicación do cuarteto.

- Coro de cámara: Agrupación formada por 12 -20 compoñentes.

- Coro sinfónico ou masa coral: Agrupación formada por 30-60 compoñentes.

- Orfeón: É unha agrupación vocal formada por un número de compoñentes superior a 100.

Unha agrupación especial é a Escolanía, que é un coro de voces blancas formado únicamente por voces de nenos.


Fai click e observa algúns videos de agrupacións vocais.




Exercicios:

Agora tes que poñer en práctica todo o aprendido. Poderás acceder a diferentes actividades para comprobar cantas cousas sabes. Tes que facer clik nos títulos que aparecen debaixo desta imaxe. Seguro que te sorprendes!


lunes, 16 de noviembre de 2009

Curioso Instrumento

Aquí vos deixo este video para ir ampliando o noso apartado de Música Curiosa.Grazas á mamá de Nekane 3ºC e Eloy 1ºC, Arantxa,a nosa profe de música de secundaria por envialo. Podedes intentalo vos: unha copa cunha pouca auga e os dedos húmidos.Xa me contaredes!


Percusión de outras culturas

Algúns videos sobre os instrumentos de percusión que vimos na clase cas nenas e nenos de 6º. Recordade que tedes que pegar na libreta unha pequena foto dun instrumentista tocando o instrumento e escribir a información que leemos na clase.






viernes, 13 de noviembre de 2009

Pelo Gato 24

Pelo Gato 24 é un disco-dvd para nenos que recolle unha selección de cantigas e xogos populares galegos. Trátase dun proxecto da Asociación de Gaiteiros Galegos.
O dvd ofrece videoclips dalgunhas cantigas e un documental explicativo dos xogos para que os nenos aprendan o xogo de cada unha das cancións. O cd recolle 14 cortes e unha pista interactiva con fotos, letras e playbacks. Todo isto acompañado dunha excelente presentación cun libreto de 64 páxinas coas fotos e os textos que documentarán os xogos e cantigas tradicionais galegas.
Na clase aprendemos algunhas das cancións incluídas neste cd. Moi recomendable!



Os pequenos músicos

Aquí poderedes aprender cancións, practicar as notas no pentagrama e xogar co ritmo.


Cualidades do son

Aquí tedes unha presentación para repasar as cualidades do son que aprendemos na clase. Agardo que vos axude!



jueves, 12 de noviembre de 2009

Música Curiosa

Os instrumentos da Orquestra

Descubre cousas interesantes sobre os instrumentos da orquestra:

Tocamos a flauta!

Recorda que antes de comezar a tocar coa túa flauta debes ter claros algúns dos seguintes aspectos. Fai click na seguinte imaxe e descubrirás os pasos que tes que seguir para estudiar correctamente.





Pincha na seguinte imaxe e poderás ensaiar as posicións da flauta.




Na seguinte imaxe tedes varios enlaces, entre eles "partituras" onde atoparedes algunhas das cancións que vos gustan.


Escala Musical

Coñece e practica a escala musical. No seguinte enlace poderás escoitar o son de cada nota:

Benvida

Benvid@s ao Recuncho Musical!
Empregaremos este recuncho para colgar cousas interesantes e ampliar os nosos coñecementos de música.
Anímovos a participar e deixar os vosos comentarios así como as vosas suxerencias pois este blog é para todos vos.
Agardo que o disfrutemos!