jueves, 19 de noviembre de 2009
O Carnaval dos Animais de Camille Saint - Saëns
Neste primeiro trimestre tivemos a sorte de coñecer algúns dos grandes compositores da historia da música e escoitar algunhas das súas obras. Un ano máis, os nenos de 2º de primaria recordamos a Camille Saint- Saëns. Este músico francés foi un virtuoso pianista pero tamén fixo outras moitas cousas como escribir poesía, observar as estrelas ou estudiar matemáticas. En 1886 escribiu a obra musical "O Carnaval dos Animais" que como xa sabedes está formada por 14 pezas adicadas a distintos animais...aínda que, non exactamente posto que todas as pezas teñen nomes de animais excepto unha; quixo facer unha broma aos pianistas e consideralos parte da fauna que se encontra neste "carnaval" .
Estos son os títulos das 14 pezas:
1. Introdución e marcha real do león
2. Galiñas e galos
3. Asnos salvaxes (animais veloces)
4. Tartarugas
5. O elefante
6. Canguros
7. Acuario
8. Personaxes con longas orellas
9. O cucú no fondo do bosque
10. Aviario
11. Pianistas
12. Fósiles
13. O cisne
14. Final
Camille era un home serio e por iso non deixou que se publicara esta obra mentras vivira pois escribiu no seu testamento que os seus editores habituais poderían publicar a súa obra cando él morrera; quen lle iba a decir ao músico francés que "O Carnaval dos Animais" sería a súa obra máis coñecida!
Neste trimestre escoitamos "Acuario" adicada aos animais mariños. Foi escrita para flauta, armónica de cristal, 2 pianos, 2 violíns, viola e violonchelo. A armónica de cristal non ten nada que ver coa armónica que coñecedes pois é un instrumento que consiste nunha serie de recipientes de cristal pero hoxe en día é sustituída por outro instrumento chamado Glockenspiel. Camille Saint- Saëns quería que nos imaxináramos o fondo do mar con todos os seus habitantes e vaia se o fixemos...convertímonos en diferentes peixes e aleteamos polo "mar" da clase...moi divertido!
Aquí deixo este video para que miredes o mar como se fósedes algún peixe dos que imaxinou Camille Saint- Saëns.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
es un video precioso , sonia que todos sean asi
ResponderEliminarSONIA GUSTAME PODES PONER TAMÉN MÁIS ASI COMO NO PALACIO DA OPERA, GUSTOUME TANTO OS INTRUMENTOS DE PERCUSIÓN OIRLOS.É MOI BONITA A MÚSICA CLASICA
ResponderEliminarRAFAELA TU ALUMNA
Sonia foi precioso encantoume por certo... tamen encantame esta paxina!
ResponderEliminarSonia me gusto mucho este video ¿Podes poñer máis asi ?
ResponderEliminarSonia como se fai a nota LA? Es que non encontro o xogo da frauta .
ResponderEliminarBONITOS PECES.I.D.G.4ºA:)
ResponderEliminarme encanta 5ºB
ResponderEliminara foto dos peces ten uns peces moi bonitos bicos un anonimo
ResponderEliminar