domingo, 29 de noviembre de 2009
A orixe da Música
A orixe da música é tan antiga como o ser humano. Algúns autores coinciden en que a música naceu da imitación dos sons da natureza e outros manifestan que foi a partir dos sons rítmicos e monótonos que se producían nas actividades cotiás.
Posto que non temos documentos que nos conten como naceu a música, os descubrimentos arqueolóxicos tiveron un papel moi importante no estudio da orixe da música; grazas a eses descubrimentos sabemos como eran os seus instrumentos e a maneira que tiñan de tocalos.
Xa dixo Friedrich Nietzsche que " sen música a vida sería un erro" e sabemos que desde que o home existe a música o acompaña na cotidianidade da súa vida.
Tal e como dixemos na clase, ao principio foi o ritmo. Os diversos testemuños arqueolóxicos presentes en múltiples civiilizacións coinciden en que todas utilizaban diferentes obxetos como instrumentos sonoros. As primerias sociedades que existiron entendían a música como unha forma de expresarse e comunicarse. E non só a música senon tamén a danza.
O seguinte video ilustra todo o que vos acabo de contar cun pequeno toque de humor pero podería ser unha adaptación do que sucedeu cas antigas civilizacións e coa música.
Descubrín un artigo moi interesante onde nos fala dun dos instrumentos máis antigos que se coñecen, unha flauta de 35.000 anos! Fai clik na imaxe e accederás á noticia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moi interesante.
ResponderEliminar¡Mola!
¿como pueden hacer sonar esa flauta?
ResponderEliminarSonia lo siento,pero no me lo creo. Hasta otra.Alba
ResponderEliminarHola Sonia me encanta la página , pero hai cosas que son un poco deficiles de encontrar.
ResponderEliminarPero me encanta la página.
:)
Graciñas, todas as publicacións están etiquetadas e as tes clasificadas por categorías no menú da dereita. Para a próxima vez deixa o teu nome ;)
ResponderEliminarSonia,soi a de antes xa e encontrado o que buscaba.Era mais facil do que pensaba.
ResponderEliminarUn bico. :)