martes, 17 de noviembre de 2009

A voz humana




A voz é o noso instrumento por excelencia. O máis antigo e o que serviu para que moita música se mantivera de xeración en xeración. Nas clases de 4º estamos aprendendo moitas cousas sobre a voz humana: o seu funcionamento, os seus coidados e a súa clasificación.
A continuación deixovos moita información de todo o que estamos traballando na clase. Aos que estades en 5º e 6º tamén vos interesa moito para repasar todo o que xa sabedes.
Para acceder só tes que facer clik sobre o título.





Videos:

1. A voz e o seu funcionamento:


Fai click aquí e accederás a unha colección de videos que explican o funcionamento da voz e o aparato fonador.
A colección consta de 10 vídeos e os temas que trata son os seguintes:



1. Presentación Xeral / 2. A Larinxe Humana

3. A Larinxe e as súas funcións / 4. A Fonación

5. A voz falada / 6. A voz cantada

7. Larinxe e técnica vocal / 8. Báscula Larínxea

9. Técnica Vocal / 10. Vocalización


2. Agrupacións Vocais:


A voz humana pódese agrupar de diferentes maneiras.

Se atendemos á instrumentación temos:

- Coro a capella, é o coro que canta sen acompañamento instrumental.

- Coro concertante, é o coro que canta acompañado por instrumentos.


Segundo o xénero dos seus componentes agrúpanse así:

- Coro de voces iguais, cando todas as voces que o compoñen son do mesmo tipo (voces blancas, voces graves, o voces agudas). Pode ser un coro de voces brancas ou un coro de voces graves.

- Coro de voces mixtas. Cando as voces que o forman son de diferente natureza, por exemplo voces agudas e graves no mesmo coro.


En canto ao número de componentes dun coro teremos:

- Dúo: Formado por dos cantantes.

- Trío: Formado por tres cantantes.

- Cuarteto: Formado por catro cantantes (polo xeral un cuarteto o forman soprano, contralto, tenor e baixo).

- Sexteto: Formado por seis cantantes, xeneralmente con voces de soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo.

- Octeto: É unha duplicación do cuarteto.

- Coro de cámara: Agrupación formada por 12 -20 compoñentes.

- Coro sinfónico ou masa coral: Agrupación formada por 30-60 compoñentes.

- Orfeón: É unha agrupación vocal formada por un número de compoñentes superior a 100.

Unha agrupación especial é a Escolanía, que é un coro de voces blancas formado únicamente por voces de nenos.


Fai click e observa algúns videos de agrupacións vocais.




Exercicios:

Agora tes que poñer en práctica todo o aprendido. Poderás acceder a diferentes actividades para comprobar cantas cousas sabes. Tes que facer clik nos títulos que aparecen debaixo desta imaxe. Seguro que te sorprendes!


4 comentarios:

  1. Ines Docampo Garcia 4ºA Nº:1823 de diciembre de 2009, 12:40

    ¿Puedes poner mas caricaturas , please?

    ResponderEliminar
  2. QUE ES?:LA CHICA ESA DE LOS CALENDARIOS QUE SE VISTE DE PUNK ,OPERA,ETC...(ANONIMO AL TEMA )SOY LA DE LA MAYORIA DE MENSAJES.

    ResponderEliminar
  3. hola sonia
    te echamos de menos,todo lo que hay aqui es precioso.Contigo aparte de aprender mucho tambien nos divertiamos.felipe es bueno y divertido.
    un saludo

    ResponderEliminar