jueves, 5 de mayo de 2011

Dictados Melódicos


Para os nenos de 3º ciclo que queirades practicar os dictados melódicos e seguir entrenando o oído esta actividade está xenial, primeiro escoitade varias veces as cinco notas que se empregarán e despois escoitade o dictado para resolver finalmente.
Preme aquí para comezar.

Recoñecemos sons

Para os nenos de 1º ciclo vai adicado este post. Hai que entrenar o oído e para iso nada mellor que estes xogos. Sons cotiás e sons de instrumentos que che axudarán a distinguir os diferentes timbres. Preparados? pois a escoitar...

Preme aquí para escoitar sons variados

miércoles, 20 de abril de 2011

Ata pronto!!

Queridos nenos,

Como vai todo? Como xa sabedes, nesta terceira avaliación será o voso novo profe Felipe, o que se encargue de enseñarvos un montón de cousas de música. Eu tiven que incorporarme a un novo cole de ensinanza pública pois intento achegarme ao sitio onde vivo que está a moitos kilómetros do voso cole. Foi todo moi apresurado e non tiven tempo a comunicárvolo.

Lévome moi bos recordos de todos vos…siiii!!! de TODOS!! E agardo que tamén recordedes o mellor da vosa mestra de música e todos os bos momentos que pasamos xuntos tocando, cantando, rindo, traballando... aprendendo. Grazas aos vosos pais por aturar tantos ensaios ca frauta e mostrar tanta colaboración sempre. Agardo que non me deixedes quedar mal e recordedes todo o que aprendemos xuntos! ;)

Para min péchase unha etapa da que gardo moi bos recordos de todos vos e iníciase outra nova noutro cole, noutro concello e con outros nenos pero estade seguros de que non esquecerei a ningún de vos.

O Recuncho Musical seguirá aberto, aínda teño material voso (videos, fotos...) polo ordenador así que irei colgando as cousiñas que tiña gardadas no "baúl". Tamén podedes seguir deixando os vosos comentarios e así poder comunicarnos, dacordo?

Moitas grazas por todo e un bico moi grande para todos!!



ImageChef.com Poetry Blender

lunes, 14 de febrero de 2011

Intervalos


Deíxovos un material moi interesante sobre os intervalos que estamos traballando estes días en 6º feito por María Jesús Camino.Para acceder ao mapa dos intervalos fai click aquí.



Actividades cos intervalos

domingo, 13 de febrero de 2011

Contos en Cantos

Xa son moitas as horas que este lindo traballo nos leva acompañando nas sesións de Música e como estes días estamos traballando cas músicas deste disco-libro quería adicarlle unha entrada. Almudena Janeiro é a diseñadora e autora deste proxecto tan exitoso pois a primeira edición leva esgotada varios meses. Agardamos que a editora OQO non retrase moito unha nova edición pois sei que moit@s estades interesad@s en facervos cun exemplar. Cunha presentación moi coidada e a toda cor, o libro preséntase acompañado dun cd para escoitar as pezas e un cd cos karaokes para que poidades cantar todas as cancións co Almudena...mentres agardamos esa nova edición deíxovos algúns dos videos que atoparedes deste Contos en Cantos.












Instrumentos de percusión


Para os peques de 1º ciclo e todos os que queirades un recurso moi interesante para reforzar os contidos traballados sobre os instrumentos de percusión...preme aquí.


Pórtico da Gloria


O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un pórtico románico realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei de Galiza e León Fernando II, entre 1168 e1188. A primeira data consta no documento asinado por Fernando II o 23 de febreiro de 1168, no que se lle concede a Mateo un soldo vitalicio de dous marcos de prata anuais polo seu traballo nas obras da basílica de Santiago (documento que se conserva no Museo Catedralicio).

A segunda data consta inscrita no lintel como indicación do seu remate. Para descubrir cada un dos personaxes que aparecen representados no Pórtico preme aquí.


Tamén podes ver as imaxes das pezas máis destacadas e características do Pórtico premendo
aquí.




Visita Virtual


Nesta web podedes visitar o Pórtico da Gloria desde o voso ordenador, fixádevos ben en todos os detalles...podes mirar á dereita ou á esquerda, arriba e abaixo...desfrutade da visita virtual pero non deixedes de visitalo ao vivo agora que sabedes tantas cousas desta obra. Clik aquí.

No portal da Archidiócese de Santiago de Compostela aparece unha interesante web que nos permite coñecer a historia da catedral. Consta de tres seccións: La Catedral, La Tumba Apostólica e o Pórtico de la Gloria con imaxes e videos interactivos.
Queredes pasear pola Catedral? Preme aquí e adentrate nesta xoia.




Os instrumentos do Pórtico da Gloria

Os 24 anciáns da Apocalipse do Pórtico da Gloria compoñen un tesemuño inigualable para coñecer os instrumentos da época. O detalle das figuras foi unha das bases fundamentais que permitiu reconstruílos hai uns anos.

A reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria permítenos ter unha idea aproximada da forma na que se interpretaban as cancións na Idade Media.

Preme aquí poderás visitar esta web tan interesante.


No seguinte link descubrirás outra presentación dos instrumentos que aparecen representados no Pórtico da Gloria. Preme aquí.



Para coñecer máis sobre a reconstrucción ds instrumentos do Pórtico da Gloria preme aquí e accederás ao blog Mis apuntes Musicales onde verás o video que relata o proxecto enmarcado no Programa da Catedral da Fundación Pedro Barrié de la Maza.


Se queres saber máis...


Videos



Webs








domingo, 9 de enero de 2011

Aprendemos en inglés!

Antes das vacacións chegou á clase de música de 1º unha nova profe; chámase Loren e naceu en New York. Leva catro anos vivindo en Galicia e estamos aprendendo moito vocabulario de música en inglés. Acompáñame nas clases e xuntas dunha maneira lúdica traballamos os instrumentos de percusión e as súas familias. Moit@s nen@s teén unha excelente pronunciación! E para que os nenos de 1º non esquezan todo o aprendido aquí deixo un video que fixemos na aula de música. Que o disfrutedes!

video

Feliz 2011 desde Recuncho Musical!

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

lunes, 13 de diciembre de 2010

A melodía


Na casa do Mago atoparás actividades interesantes para traballar coa melodía. Fíxate ben e escoita atentamente seguindo as figuras e as notas que escoitas. Fai clik aquí.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Cuestinario para 6º

Para poñer a proba os vosos coñecementos deíxovos este cuestionario onde poderedes comprobar se estudiáchedes ben ou tedes que seguir...