domingo, 13 de febrero de 2011

Pórtico da Gloria


O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un pórtico románico realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei de Galiza e León Fernando II, entre 1168 e1188. A primeira data consta no documento asinado por Fernando II o 23 de febreiro de 1168, no que se lle concede a Mateo un soldo vitalicio de dous marcos de prata anuais polo seu traballo nas obras da basílica de Santiago (documento que se conserva no Museo Catedralicio).

A segunda data consta inscrita no lintel como indicación do seu remate. Para descubrir cada un dos personaxes que aparecen representados no Pórtico preme aquí.


Tamén podes ver as imaxes das pezas máis destacadas e características do Pórtico premendo
aquí.




Visita Virtual


Nesta web podedes visitar o Pórtico da Gloria desde o voso ordenador, fixádevos ben en todos os detalles...podes mirar á dereita ou á esquerda, arriba e abaixo...desfrutade da visita virtual pero non deixedes de visitalo ao vivo agora que sabedes tantas cousas desta obra. Clik aquí.

No portal da Archidiócese de Santiago de Compostela aparece unha interesante web que nos permite coñecer a historia da catedral. Consta de tres seccións: La Catedral, La Tumba Apostólica e o Pórtico de la Gloria con imaxes e videos interactivos.
Queredes pasear pola Catedral? Preme aquí e adentrate nesta xoia.




Os instrumentos do Pórtico da Gloria

Os 24 anciáns da Apocalipse do Pórtico da Gloria compoñen un tesemuño inigualable para coñecer os instrumentos da época. O detalle das figuras foi unha das bases fundamentais que permitiu reconstruílos hai uns anos.

A reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria permítenos ter unha idea aproximada da forma na que se interpretaban as cancións na Idade Media.

Preme aquí poderás visitar esta web tan interesante.


No seguinte link descubrirás outra presentación dos instrumentos que aparecen representados no Pórtico da Gloria. Preme aquí.



Para coñecer máis sobre a reconstrucción ds instrumentos do Pórtico da Gloria preme aquí e accederás ao blog Mis apuntes Musicales onde verás o video que relata o proxecto enmarcado no Programa da Catedral da Fundación Pedro Barrié de la Maza.


Se queres saber máis...


Videos



Webs








No hay comentarios:

Publicar un comentario