domingo, 21 de febrero de 2010

A nena e o grilo

Magín Blanco & Iván Prieto
20 € | 978-84-9871-259-9
libro + CD | 64 páxs. | cartoné | 13x19 cm |
xaneiro 2010

Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.

A nena e o grilo é o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da colección máis musical de OQO editora, Q son. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas.

Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces de Uxía, Fred Martins, Guadi Galego, Ugia Pedreira… e ata un coro de nenos. Eles poñen a música, e Iván Prieto, as imaxes.

O ilustrador galego utiliza unha multitude de recortes con diferentes tonalidades e texturas para as imaxes. A aposta de Prieto pola colaxe débese a que é a técnica que mellor lle acae a esta historia híbrida e heteroxénea. Ademais, decántase por unha estética actual, e sitúa as aventuras dos protagonistas no marco da cidade, onde explota elementos urbanos como a publicidade, ou os carteis.

A linguaxe, alén de ser un dos eixos temáticos de A nena e o grilo, goza dun protagonismo especial dentro das páxinas. Unhas veces, Iván Prieto resalta as palabras mediante a tipografía e outras, nun intento por integrar o texto nas ilustracións aproveita certos espazos das imaxes como contedores textuais: unha pinga de auga, o ubre dunha vaca, o tronco dunha árbore…

A nena e o grilo é o resultado do labor conxunto de moitas persoas que cren que calquera traballo para os nenos e nenas debe ser tratado con esmero e coidado tanto no apartado das imaxes, coma no musical, os arranxos na produción e na interpretación.

Esta atención máxima resulta imprescindible para un proxecto que está pensado para conectar a escola coa vida e adoptar unha actitude crítica e construtiva a prol de valores básicos ―respecto pola natureza, liberdade, solidariedade, afecto, convivencia, identidade, amizade...― . Para iso, precísase un sistema de valores compartidos e de materiais que se poidan integrar dentro dos procesos de aprendizaxe.

Dun xeito sinxelo, delicado e sutil, a historia de amizade entre a nena e o grilo descobre dimensións determinantes da existencia e abre horizontes positivos e ilusionados, na construción de nós mesmos e a sociedade.

Estamos ante unha obra ambiciosa e cosmopolita que invita a ter fe na vida e nos outros a través dunhas cancións que reparten aloumiños a eito e amosan un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.

Ao mesmo tempo, é un material, para todos os que traballan e apostan por un ensino aberto, innovador e significativo, no marco dos problemas e os cambios sociais que teñen lugar na realidade.

En conclusión, un chisquiño de mel neste mundo egoísta e feroz que habitamos. Para fuxir do frío e sentirse moradores no verdadeiro País das Apertas porque as cancións de Magín Blanco son, tanto pola melodía como pola letra, para degustar en familia, nas festas, entre amigos.

Texto de Magín Blanco
Ilustracións de Iván Prieto

Letra e música de Magín Blanco, Uxía e João Afonso

Colaboran: Uxía, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Fred Martins, Guillermo Fernández…

Produción artística e musical: Uxía






Se queredes escoitar ao seu autor nuha entrevista facede clik aquí e tamén podes visitar o seu myspace.


No CEIP de Palmeira fan cousas moi interesantes e aquí tedes un exemplo. Os cadernos de traballo do Rato Paco, un rato moi divertido co que podemos aprender mentras xogamos; teñen moitas actividades de música e de outras materias e o mellor de todo...compártenas para que todos poidamos disfrutalas.
Facede clik aquí e accederedes ao espazo da súa páxina web. Deixade o voso comentario, vale?


domingo, 7 de febrero de 2010

Piano


Preme aquí e toca o piano! Se queres xogar preme aquí!

sábado, 6 de febrero de 2010

Dramatizando a Brahms!

O seu nome é Johannes Brahms . Naceu en Hamburgo en 1833 e morreu en Viena en1897) .Foi pianista e compositor alemán de música clásica do Romanticismo
O seu pai tocaba o contrabaixo pero él quixo tocar o piano. Comezou a traballar moi novo tocando o piano en restaurantes.

Brahms ofreceu moitos recitais de piano pero non tivo moito éxito. Grazas a un músico ben coñecido daquela, o señor Robert Schumann que dirixía unha revista especializada en música conseguíu que os críticos e empresarios se fisaxen nel, o que fixo que Brahms se convertise nun compositor coñecido e aprezado naquela época.

Marchou a vivir á cidade de Viena onde adicou trinta anos da súa vida a compoñer música.

Brahms era considerado por moita xente como o sucesor de Beethoven por iso cando compuxo a súa primeira sinfonía recibiu o sobrenome de Décima Sinfonía de Beethoven (recordade que Beethoven compuxera nove sinfonías). Sentíu unha gran admiración por Beethoven, Mozart ou Haydn, de feito colecionaba partituras e autógrafos dos compositores. Aínda que pertence á época musical do Romanticismo tamén está considerado un dos compositores máis clásicos do Romanticismo debido á influencia que os autores desa época imprimiron na súa música.

Brahms era un home moi perfeccionista por iso tardaba tanto tempo en rematar as súas obras. Foi considerado un dos grandes compositores da súa época.

Morreu cando tiña sesenta e catro anos na cidade de Viena

Entre as súas obras destacan as Danzas Húngaras, un conxunto de vinte e unha danzas inspiradas en temas húngaros. Foron compostas para tocar con piano a catro mans pero pouco a pouco foi arranxando algunhas para piano ou orquestra. Quizáis de todas as Danzas Húngaras, a número cinco é a máis coñecida.


E precisamente esa foi a Danza Húngara nº5 que traballamos na sesión desta semana. Convertémonos en panadeiros que fan pan e mediante unha dramatización da obra aprendemos a diferrenciar as diferentes partes que forman esta peza.

Deixo unhas fotiños de cada unha das clases para que vexades que ben o pasamos e canto rimos...pero tamén aprendemos... a que si?