sábado, 6 de febrero de 2010

Dramatizando a Brahms!

O seu nome é Johannes Brahms . Naceu en Hamburgo en 1833 e morreu en Viena en1897) .Foi pianista e compositor alemán de música clásica do Romanticismo
O seu pai tocaba o contrabaixo pero él quixo tocar o piano. Comezou a traballar moi novo tocando o piano en restaurantes.

Brahms ofreceu moitos recitais de piano pero non tivo moito éxito. Grazas a un músico ben coñecido daquela, o señor Robert Schumann que dirixía unha revista especializada en música conseguíu que os críticos e empresarios se fisaxen nel, o que fixo que Brahms se convertise nun compositor coñecido e aprezado naquela época.

Marchou a vivir á cidade de Viena onde adicou trinta anos da súa vida a compoñer música.

Brahms era considerado por moita xente como o sucesor de Beethoven por iso cando compuxo a súa primeira sinfonía recibiu o sobrenome de Décima Sinfonía de Beethoven (recordade que Beethoven compuxera nove sinfonías). Sentíu unha gran admiración por Beethoven, Mozart ou Haydn, de feito colecionaba partituras e autógrafos dos compositores. Aínda que pertence á época musical do Romanticismo tamén está considerado un dos compositores máis clásicos do Romanticismo debido á influencia que os autores desa época imprimiron na súa música.

Brahms era un home moi perfeccionista por iso tardaba tanto tempo en rematar as súas obras. Foi considerado un dos grandes compositores da súa época.

Morreu cando tiña sesenta e catro anos na cidade de Viena

Entre as súas obras destacan as Danzas Húngaras, un conxunto de vinte e unha danzas inspiradas en temas húngaros. Foron compostas para tocar con piano a catro mans pero pouco a pouco foi arranxando algunhas para piano ou orquestra. Quizáis de todas as Danzas Húngaras, a número cinco é a máis coñecida.


E precisamente esa foi a Danza Húngara nº5 que traballamos na sesión desta semana. Convertémonos en panadeiros que fan pan e mediante unha dramatización da obra aprendemos a diferrenciar as diferentes partes que forman esta peza.

Deixo unhas fotiños de cada unha das clases para que vexades que ben o pasamos e canto rimos...pero tamén aprendemos... a que si?






No hay comentarios:

Publicar un comentario