domingo, 6 de diciembre de 2009

Animusic


Chegou a hora de descubrir á famosa máquina de música posteada a semana pasada. Moitos de vos dixéchedes que o video non era real e efectivamente!
O que víchedes nese video foi unha animación en 3D con música, todo creado con ordenador (música e imaxe). Resulta moi curioso a maneira tan espectacular na que a música e a imaxe van collidas da man posto que ata os sons máis discretos están representados por algunhas das máquinas- instrumentos da animación...cada vez que os miredes descubriredes novos detalles...seguro!
Trátase dunha compañía americana chamada ANIMUSIC que emprega música pop e rock maioritariamente para as súas montaxes. A compañía ten editados 2 dvds: Animusic (2004) e Animusic 2 (2005) e na actualidade estase á espera de que se publique Animusic 3.

Aquí tedes os trailers de Animusic e Animusic 2 :








Podedes visitar a súa web e descubrir máis cousiñas sobre a compañía e a próxima edición de Animusic 3, veredes fotos dos creadores e do lugar no que traballan así como algúns dos videos recollidos nos dous volumes de Animusic editados ate o momento. Só tes que facer clik aquí para acceder; a páxina está en inglés así que poderás practicalo.


Para ver máis videos fai clik en Animusic ou Animusic 2.
Agardo que os disfrutedes!!




6 comentarios:

  1. Hola Sonia.el video de animusic,los que lo hicieron lo tuvieron que pensar mucho Un beso

    ResponderEliminar
  2. ESA MAQUINA DE MUSICA¿SE LE ACABAN LAS BOLITAS?I.D.G.4ºA:)

    ResponderEliminar
  3. Me encantan estos videos, tienes que poner mas,porfiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.
    Y tambien,me preguntaba,si podias poner un video o algo de Bethoven.

    LUCÍA

    ResponderEliminar
  4. Lucía, nesta segunda avaliación recordaremos aos compositores clásicos y Beethoven está entre eles aínda que xa sabes moitas cousas de Mozart e Beethoven dos cursos anteriores.
    Cando vexades algo interesante pola rede que queirades que poña no blog xa sabedes!
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Disculpade ese "y" , quixen escribir "...recordaremos aos compositores clásicos e Beethoven..." :)

    ResponderEliminar