martes, 11 de mayo de 2010

Semana das Letras Galegas


O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Dende o ano 2010 a presidencia é exercida por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Día das Letras Galegas 2010 adicado a Uxío Novoneyra

Como xa sabedes, esta semana estamos traballando as Letras Galegas que este ano está
n adicadas a Uxío Novoneyra.
Uxío Novoneyra, poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico.



Actividades en liña:
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo






Estamos preparando unha exposición de temática galega e traballando o Himno Galego.
Déixovos o karaoke para que poidades practicar. A cantar....

2 comentarios:

  1. o himno galego e o mellor despois da cancion do mundial español.besos de tu alumna favorita Alba BAY.

    ResponderEliminar