Remata o verán,chega o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío, rematan as romarías e comezan os fiadeiros a carón do lume...e tamén chega o Samaín. Para os celtas a palabra Samaín significaba o fin do verán e comezo do inverno.
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademáis dos seus adiantos , como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
1 Febreiro en honra a de idade Imbole.
1 Maio en honra a de idade Beltain.
1 Agosto en honra a de idade Lungh.
1 Novembro en honra a de idade Samaín.
A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a data máis importante do ano pois as portas do outro mundo abríanse para que as ánimas rendiran contas pendentes aos seus moradores. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos.
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween?
A cabaza, raíña da festa
Xa sexa como adorno ou como ingrediente básico de moitas receitas, a cabaza é a protagonista indiscutible do Samaín. A cabaza é orixinaria de América e pertence á familia das cucurbitáceas.
A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.
Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.
Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.
Quen canta os males espantaE como toda festa que se prece a música sempre está presente...na noite do 31 cantábase para espantar ás ánimas así que aquí temos unha boa proposta do grupo Mamacabra para divertirnos este Samaín...ide ensaiando! ;)
Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.
Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo
A cociñar coa cabaza
E como no Recuncho Musical aproveitamos todo, co que nos sobra de preparar a nosa cabaza para o Samaín cociñamos una rica crema de cabaza...é moi sinxela e está boísima!! Mirade este video e veredes que sinxelo!
Hola Sonia son Andrea a de 6ºA
ResponderEliminargustame moito a tu cancion sobre o samain e moi bonita.
¿Nos a podes ensinar para cantar todos na clase?
Cantas superquebien.Sigue asi...
Besos e apertas
Andrea
Hola Sonia son Andrea a de 6ºA
ResponderEliminarMaria hoxe nos a ensinou na clase a cancion do samain e encantounos,¿podrianosla ensinar e cantar todos na clase?
Cantas moi ben.
Moitos bicos e apertas
Andrea
6ºA
Claro que sí Andrea! ;) Co que vos gusta cantar en 6ºA non haberá problema. Vémonos o venres! Bicos!
ResponderEliminarMoitas grazas Sonia
ResponderEliminarcando teñas un tempillo nos a ensinas
Bicos
Andrea
6ºA
Hola Sonia maria ensinounos hoxe o traballo do SAMAIN deume moita pena non poder escoitala no ordenador da clase,porque estaba estropeado,pero Diego Otero preguntoulle a María onde se podia ver o vídeo e nos dixo que podiase ver no recuncho musical.
ResponderEliminarBICOS E APERTAS
QUEROTE MOITO.
ATENTAMENTE Alba 6ºB
Grazas Alba, alégrome que che gustara! ;)
ResponderEliminarUNha pregunta Sonia:
ResponderEliminarcando vas a subir as fotos dos traballos que fixemos?
Bicos
Andrea
6ºA
a min tamen gustame a cancion do samain bicos un anonimo
ResponderEliminar