lunes, 18 de enero de 2010

Tic Tac de Pablo Díaz



Este Nadal recibín un agasallo ben fermoso. Trátase do libro-disco Tic Tac do meu querido amigo Pablo Díaz. Un disco-libro publicado pola editorial Kalandraka no que as cancións de Pablo se reflexan nas fermosas ilustracións de Marc Taeger.
É o primeiro traballo en solitario deste músico e artista que foi quen de compoñer melodías e letras para un público tan esixente como sodes os nenos.
Tic Tac invítanos a viaxar polo imaxinario no que os crocodilos se namoran, os trasnos e os ruiseñores bailan ao seu antoxo ou no que os mouchos están choscos.
Pero a música de Tic Tac é para oir e mirar pois o cd está acompañado por un libro coas letras das cancións e as orixinais ilustracións de Marc.
Fai uns anos a música para nenos en galego era case inexistente pero pouco a pouco os estantes das librarías estanse enchendo de música infantil e feita en galego así que non desaproveitedes esta oportunidade que tedes para soñar, aprender e divertirvos.


Agora tedes a oportunidade de desfrutar desta xoia musical pois estes días traballaremos as cancións nos primeiros cursos de primaria. Tic tac nace para todos vos,para que cantedes e bailedes, para que vexades que nada é imposible e que somentes hai que imaxinalo.
Á esquerda, Marc Taeger e Pablo Díaz.

Queredes escoitar Tic Tac? Facede clik aquí e poderedes escoitar algunhas pezas.



Aquí deixo este video para ir abrindo boca así que a cantaaarrrrrrrrrr!!!



Tic Tac nas nosas aulas:

2 comentarios:

  1. Rafaela Blanco 5ºa23 de enero de 2010, 15:26

    he moi interesante Sonia, este libro é parecido ao de pelogato24 e este parece igual de chulo
    gracias por insinaronos tantas cousas
    un abrazo
    Rafaela

    ResponderEliminar
  2. eu estou de acordo con rafaela besos un anonimo

    ResponderEliminar