
Actividades cos intervalos

Xa son moitas as horas que este lindo traballo nos leva acompañando nas sesións de Música e como estes días estamos traballando cas músicas deste disco-libro quería adicarlle unha entrada. Almudena Janeiro é a diseñadora e autora deste proxecto tan exitoso pois a primeira edición leva esgotada varios meses. Agardamos que a editora OQO non retrase moito unha nova edición pois sei que moit@s estades interesad@s en facervos cun exemplar. Cunha presentación moi coidada e a toda cor, o libro preséntase acompañado dun cd para escoitar as pezas e un cd cos karaokes para que poidades cantar todas as cancións co Almudena...mentres agardamos esa nova edición deíxovos algúns dos videos que atoparedes deste Contos en Cantos.
O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un pórtico románico realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei de Galiza e León Fernando II, entre 1168 e1188. A primeira data consta no documento asinado por Fernando II o 23 de febreiro de 1168, no que se lle concede a Mateo un soldo vitalicio de dous marcos de prata anuais polo seu traballo nas obras da basílica de Santiago (documento que se conserva no Museo Catedralicio).
Os 24 anciáns da Apocalipse do Pórtico da Gloria compoñen un tesemuño inigualable para coñecer os instrumentos da época. O detalle das figuras foi unha das bases fundamentais que permitiu reconstruílos hai uns anos.
A reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria permítenos ter unha idea aproximada da forma na que se interpretaban as cancións na Idade Media.
Preme aquí poderás visitar esta web tan interesante.

